CORRELINGUA 2016

Preciosa pancarta elaborada polos rapaces de 3º e PMAR coa coordinación de Matilde, que nos valeu o 2º premio do concurso. Cómpre admitir que a do centro gañador era moi, moi boa... O caso é defender a nosa lingua pasándoo ben ademais os de 3º tiveron a oportunidade de leren o Manifesto gañador do Correlingua en público.