TRANSMÍTELLO EN GALEGO!

 Este évos o lema que os rapaces de 4º de ESO,  xunto co ENDL do instituto vos propoñen para que enviedes ou regaledes tarxetas en galego a familia e amigos. 
 
Como non as demos atopado nas librarías e papelarías animámonos a facelas, e con elas poderedes desexar un Bo Nadal, dar os parabéns, transmitir condolencias, desexar un Bo Aniversario, anunciar a chegada dun bebé, pedir perdón, etc... pero  na nosa lingua.
 
Animádevos e mercade algunha para que os de 4º podan facer unha bonita viaxe de fin de curso e para normalizar o uso do galego nas nosas vidas!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Podes velas premendo aquí.