Plan Proxecta "Donas de si". Visita da escritora Eva Mejuto

O día 22 de outubro contamos no noso centro coa presenza da escritora Eva Mejuto, que nos veu falar dunha das súas obras, Memorias do silencio, e nos invitou a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia.

A escritora contounos, entre outras moitas cuestións, que avoga por mostrar na literatura as mulleres invisibilizadas na historia. Non están incluídas no relato oficial, pero están aí. "Son invisibles, como o aire, pero como este, vanse coando...".

Desde o IES Fonmiñá agradecémoslle a Eva Mejuto a súa presenza no noso centro, as súas palabras e reflexións. Grazas tamén ao Concello de Pastoriza, pois esta actividade forma parte do programa municipal Mulleres do Miño, posto en marcha pola Concellería de Muller e Igualdade da Pastoriza.