Videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol.

O luns 16 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu á videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol, investigadora natural de Bretoña, que desenvolve a súa carreira no Texas Medical Center (Houston, EEUU), e forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19.

 

Todo un orgullo ter asistido á charla coa nosa pastoricense Sonia Villapol, un exemplo máis de muller investigadora que está a desempeñar cargos de relevancia a nivel internacional.

Esta videoconferencia foi  promovida por Igaciencia con motivo do Mes da Ciencia en Galego.