Excursión a Madrid do alumnado de terceiro de ESO

Do 24 ao 27 de abril, parte do noso alumnado de 3°ESO, xunto con alumnado do IES Enrique Muruais, da Pontenova, visitaron Madrid en compañía das profesoras Socorro e Elena.

 Tiveron tempo para coñecer os lugares máis emblemáticos da capital española: Museo Arqueolóxico Nacional, o Wanda Metropolitano, Museo Reina Sofía, Porta de Alcalá, Museo do Prado, Palacio de Oriente, Madrid dos Austrias, Barrio das Letras e Praza Santa Ana. Ademais, foron ver o musical de Billy Eliot e desfrutaron do parque de atraccións da Warner.
En fin, uns días de descubrimento non só da capital de España, senón tamén de novas amizades!