Con A de Astrónomas

Hoxe 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. No IES Fonmiñá o profesorado científico fixo unha visita guiada cos distintos grupos de alumnos e alumnas pola exposición “Con A de Astrónomas”, exposición que pretende visibilizar a todas as mulleres astrónomas que tiveron un papel relevante nesa disciplina, con maior ou menor recoñecemento. Esta visita completouse co traballo das rapazas de 2ºESO, que acudiron ás distintas clases caracterizadas de destacadas astrónomas e realizaron unha actividade de divulgación para aprender a recoñecer no ceo nocturno distintos astros visibles a simple vista como a Estrela Polar, varias Constelacións ou a galaxia de Andrómeda.

Visita Facebook para ver máis fotos.