VIAXE DE ESTUDOS A ROMA 4º ESO

Premios tarxetas de nadal da Biblioteca Municipal

Os gañadores na categoría C do concurso de tarxetas de nadal organizado pola biblioteca municipal de A Pastoriza, foron:

  • Primeiro premio: Alba Luaces Otero  4º ESO
  • Segundo premio: José Juan Veiga Maseda 2º ESO 
  • Terceiro premio: Tania Francos Oseira 1º ESO

Para ver máis fotos pincha aquí

A MAXIA DAS PALABRAS EN GALEGO

O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca do centro organizou un espectáculo de maxia literaria, para os rapaces de 1º e 2º de ESO, que o pasaron en grande cos trucos de Chrystyan Magic, baseados nun libro de misterio. Se queredes pasar un bo rato vendo as fotos premede aquí

:

Charla sobre transplantes

O alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nunha interesante charla sobre tansplantes impartida por dous membros da Oficina de Coordinación de Transplantes. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Charla sobre incendios

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O departamento de Bioloxía- Xeoloxía organizou unha charla sobre incendios para todo o alumnado do centro, impartida por dous membros da Garda Civil (SEPRONA)

.

Beleza e autoestima

O departamento de orientación do IES Fonmiñá, dentro do plan de acción titorial,  organizou co alumnado de 3º e 4º de ESO un traballo de investigación sobre a beleza e a autoestima. Os resultados acadados espuxeronnos mediante unha presentación o resto do alumnado do centro.

Parabéns para Andrea López Caaveiro

A nosa compañeira Andrea López Caaveiro de 2º de ESO gañou o primeiro premio na modalidade de relato no certame literario organizado polo colectivo A Pipa, co texto "Soñando con Rosalind".

 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/382064-colectivo-becerrea-pipa-premi...

 

PARABÉNS PARA JORGE!!!

O noso compañeiro de Educuación Física Jorge Moreno Castro gañaou a medalla de OURO no campionato de España de Taekwondo, que tivo lugar esta fin de semana en Pontevedra.

Tod@s contra a violencia machista!!!!

O 25 de novembro o I.E.S. Fonmiñá uniuse á o homenaxe ás vítimas da violencia de xénero a través deste mural na entrada do centro.

Hai máis fotos na galería.

 

Visita do alumnado de 4º ESO a "El Progreso" e participación no Obradoiro de sensores

O día 17 de novembro o  alumnado de 4º de ESO fixo unha visita á rotativa do diario El Progreso e a continuación participou no obradoiro de sensores organizado por IGACIENCIA na Deputación de Lugo.

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/participaci%C3%B3n-no-obrado...

 

Distribuir contido