Visita dos alumnos de 2º e 3º de ESO á Casa - Museo de Manuel María.
Do 1 ao 5 de marzo o alumnado de 4º ESO fixo unha viaxe de estudos a Londres.
Alí visitaron os monumentos máis emblemáticos, como o Big Ben, o Parlamento, a Tower Bridge, Buckingham Palace, pasearon en barco polo Támesis, e tamén tiveron as correspondentes sesións de museos, visitando o British Museum, o Museo de Ciencia e o de Historia Natural.
Ademáis tamén aproveitaron para poñer en practica os seus coñecementos da lingua Inglesa.
Aquí tedes unhos vídeos da nosa experiencia:
O IES Fonmiñá deséxavos un bo Nadal e un ventureiro aninovo.
Dentro das actividades da semana da ciencia en Galego o alumnado de 3º e 4º de ESO fixeron 2 visitas en lugo:
O día 20 de Novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO fixeron unha viaxe a Santiago para participar nun concerto didactico da Real Filarmonia de Galicia dirixida por Paul Daniel.
Despois tiveron unhas visitas didacticas á Ciudade da Cultura, e á exposición fotográfica de José Suárez.
A ciencia pódese aprender en galego, vaia que si. O mércores 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, evento promovido por Igaciencia, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e ENCIGA, que agrupa os Ensinantes de Ciencia de Galicia.
Asistimos xunto a máis de cen centros educativos galegos, a través de videoconferencia, á charla organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, “A máquina que constrúe a mente e a realidade”, onde o científico e divulgador, Xurxo Mariño falounos en directo de como funciona a mente, a onde vai o "eu" cando durmimos e afondou na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade.
E o rematar a charla, a través de Twitter, puidemos facerlle preguntas sobre o tema, ás que Xurxo foi contestando en directo.
Tedes a conferencia no seguinte enlace
O día 29 de outubro tivemos no Centro un obradoiro de teares impartido pola artesán Noela Feal dentro do programa de actividades "Artesanía nos Coles" que organiza a Asociación de Obradoiros da Terra Chá, no que participou toda a comunidade educativa facendo un tapiz que quedou no centro:
Hai máis fotos na galería:
O día 7 de outubro o alumnado do Centro participou nun obradoiro de cociña mediterránea impartido por 2 monitores enviados polo Ministerio de Agricultura. O obradoiro consitiu na elaboración de recetas saudables, incluindo un concurso de pinchos resultando gañadores: Diego Seco Barreira e Victoria Andrea Veiga Maseda, de 1º ESO, Pablo Díaz Lage, de 2º ESO e José Juan Veiga Maseda de 3º ESO. A continuación participaron nunha clase de zumba.
Tedes máis fotos na galería