Skip to Content

Blogues

Teatro en Inglés

O 21 de marzo o alumnado asistiu a unha representación teatral na lingua de Shakespeare a cargo da compañía Chameleon Theatre, actividade que se engloba dentro das organizadas polo Dpto. de Inglés.

Visita á Sociedade Galega de Historia Natural

O alumnado de primeiro de ESO, visitou esta mañá o museo da Sociedade Galega de Historia Natural. Agradecer o museo e a Berta o recibimento e a visita guiada.

O museo ten entrada gratuíta e estamos todos invitados a acudir de forma persoal.

 

Galería de imaxes

 

Proxecto de estructuras. Tecnoloxía 1ºESO

O alumnado de 1º de ESO levou a cabo un proxecto de estruturas no taller de Tecnoloxía, que consistiu en construír pontes trianguladas con perfís de papel reciclado.

O Desafío

O desafío proposto ao alumnado foi deseñar e construír unha ponte utilizando unicamente perfís de papel reciclado, asegurando que a estrutura fose capaz de soportar polo menos 5 kg. Esta tarefa requiriu unha combinación de creatividade, coñecementos técnicos e habilidades prácticas.

O Proceso

Durante o proxecto, o alumnado aprendeu sobre as propiedades das estruturas trianguladas e como estas poden ser utilizadas para construír pontes fortes e estables. A través de sesións prácticas, experimentaron con diferentes deseños e técnicas de ensamblaxe para crear as súas pontes.

Os Resultados

Os resultados do proxecto foron excepcionais. Todas as pontes construídas non só cumpriron co requisito mínimo de soportar 5 kg, senón que moitas delas demostraron unha capacidade de carga significativamente maior. Este éxito destaca a capacidade do alumnado para aplicar os seus coñecementos e habilidades de maneira efectiva.

  

Instalacións eléctricas en vivendas. Tecnoloxía 2ºESO

 

O alumnado de 2º de ESO levou a cabo un proxecto centrado nas instalacións eléctricas en vivendas.

O Desafío

O desafío consistiu en deseñar e construír unha maqueta dunha habitación con instalación eléctrica funcional. Isto incluíu un aparato eléctrico controlado por un interruptor e unha bombilla manexada desde dous puntos distintos.

O Proceso

O alumnado estudou os fundamentos das instalacións eléctricas e aplicounos na creación das maquetas. Realizaron o cableado necesario e conectaron interruptores e aparellos eléctricos. Ademais, decoraron as habitacións con gran coidado e detalle.

Os Resultados

Non só todas as instalacións funcionaron correctamente, senón que as habitacións destacaron pola súa decoración minuciosa e creativa.

Práctica "Imos facer un iogur"

O alumnado de 1º de ESO desenvolveu na materia de Bioloxía e Xeoloxía unha práctica para a observación das bacterias acedo-lácticas, na cal se elaborou iogur. De forma complementaria, realizouse un reto, enmarcado no programa Polos Creativos, para crear unha imaxe para os envases do iogur e incorporar un código QR, no cal se puidese ver un vídeo coa explicación do proceso.

 

Formación sobre Radio Escolar de Polos Creativos

Este mércores 7 de febreiro de 2024 tivemos no IES Ferrol Vello unha sesión de docencia para aprender a empregar a Radio Escolar enmarcada no Plan de Formación do centro. O equipo de Polos Creativos do centro educativo tivo unha formación para poder instalar o equipo, para como poder empregala na práctica e como poder facer unha pequeña edición posterior, á espera da inminente chegada da dotación de material que chegara ao centro.

 

 

Proxecto Creativo de Tecnoloxía en 4º de ESO: Adornos de Nadal con Luces e Arduino

Na aula de Tecnoloxía de 4º de ESO, levouse a cabo un proxecto innovador que desafiou a creatividade e habilidades técnicas do alumnado. A tarefa consistiu en deseñar e construír adornos de Nadal con luces, cuxa secuencia estivese programada mediante unha placa Arduino. A liberdade para escoller o material permitiu ao alumnados explorar diversas opcións e soltar a súa astucia.

Diversos equipos optaron pola versatilidade da madeira, empregando a cortadora Cricut para dar forma ás súas creacións. Os resultados foron adornos de cortes precisos con siluetas de árbores e coñecidos personaxes.

Outros grupos decidiron mergullarse no mundo da construción con LEGO, combinando os bloques de construción cos LEDs programados, os servomotores que facían xirar as aspas dun muíño e a emisión dunha panxoliña. As súas creacións non só foron visualmente impactantes, senón tamén funcionais e complexas.

O cartón e o cartón-pluma tamén foi protagonista nesta experiencia, con algúns equipos utilizando este material lixeiro pero resistente para dar vida aos seus adornos. A versatilidade do cartón-pluma permitiulles aos estudantes experimentar con formas e deseños únicos.

Un grupo decidido a fusionar a moda coa tecnoloxía escolleu traballar con etextiles e a placa Playground. Os seus adornos incorporaron luces LED e circuitos habilmente integrados en tecidos creativos. Este enfoque vangardista engadiu un toque de moda electrónica.

No proceso, os estudantes non só adquiriron habilidades prácticas no manexo de ferramentas e tecnoloxías, senón que tamén desenvolveron habilidades de traballo en equipo, resolución de problemas e creatividade. A diversidade de enfoques e materiais utilizados reflicte a creatividade do alumnado e a capacidade de adaptación a tecnoloxías novas.

 

Mandados do Meco e Festival de Entroido 2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Procedemento de solicitude de admisión para o curso 2024-2025

O proceso de reserva de praza para o alumnado procedente dos centros adscritos realizarase entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro. 

A solicitude poderá formalizarse a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación e entregarse por sede electrónica ou impresa no propio centro. Tamén poderá ser cuberta manualmente e entregada na secretaría do centro adscrito.

O proceso de solicitude ordinaria de praza para o alumnado irá do 1 ao 20 de marzo.

Xornadas de portas abertas

Durante este mes haberá xorndas de portas de abertas (martes 16 e 23 de xaneiro, a partir das 16:30) para que as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as-titorandos/as poidan visitar o noso centro, coñecer a nosa oferta educativa e os nosos programas e proxectos. 

As familias que non poidan asistir poden fixar unha cita para coñecer o centro chamando por teléfono ou escribindo ao noso mail: ies.ferrol.vello@edu.xunta.gal.

Recomendacións de lectura para as vacacións

Recomendacións de lectura para as vacacións:

Información da ANPA Inquedanza

A ANPA Inquedanza do IES Ferrol Vello está interesada en xestionar e organizar un fondo de libros para o curso 2024-2025. As persoas interesadas en participar e ceder os seus libros de texto poden pórse en contacto coa ANPA a través do enderezo anpainquedanzaferrolvello@gmail.com. Deixamos tamén o formulario para asociarse en documento anexo. 

 

CONCURSO DE MAQUETAS “A PAISAXE CELULAR”

O pasado martes, 14 de novembro, se fixo entrega dos premios as mellores maquetas, dentro do proxecto “A Paisaxe celular” A elección, feita por votación do alumnado de primeiro y terceiro da ESO, foi moi difícil debido a calidade dos traballos presentados, sendo as votacións moi axustadas. Estes foron os resultados:

Enlace ás imaxes

 

Profesorado curso 2023-2024

Linguas clásicas:

  • Gloria Huerga Suárez

Profesorado curso 2023-2024

Tecnoloxía:

  • Ana Campo Cabana

Profesorado curso 2023-2024

Orientación:

  • Ana María Sanz Lago
  • Ana María Sánchez Pérez

Profesorado curso 2023-2024

Bioloxía e Xeoloxía:

  • Manuel Ruiz Lamas

 

Profesorado curso 2023-2024

Música:

  • Carmen Malde Lagostena

 

Profesorado curso 2023-2024

Física e Química:

  • Jorge Gutiérrez Maroto

 

Profesorado curso 2023-2024

Educación Física:

  • Álvaro García Álvarez
  • Daniel González Pena

 

Distribuir contido


by Dr. Radut