TOPONIMIA

 

 

LINGUA DE ORIXE: P: precelta / C: celta / L: latín / X: xermánico.
 

NOBRES MEDIEVAIS

 
     
  BAMONDE: de *Bagamunde (relacionado cunha edificación defensiva), nome do nobre que posuía esas terras. X
  ESPASANDE: de *Espasandi, (relacionado con verdadeiro "*sands"). X
  GONDELLE: de étimo descoñecido, está relacionado cunha batalla. X
  GULDRÍS: de *Gulderici, "nobre valente". X
  LAMPAI: de *Lampado. L
  LUCÍ: de Lucido, derivado de "luz". L
  MOUROMORTO: de Mauro e *Morto. X
  OSEBE: de Eusebii (Eusebio), talvez de orixe grega no propio latín. L
  RARÍS: de *Ragarici, "nobre xuizoso, nobre do consello". X
  RECESENDE: de *Ricisende, "camiño do home rico ou señor da aristocracia". X
  REGOUFE: de *Regewolfe, "señor co poder do lobo". X
  REQUIAN: de Réquila, con nasal final por influxo de "réquiem", asociado ao cristianismo. X
  REIS: dos Reis. Tamén, noutras partes da Galiza, "do Rei" ou "Reguengo" significan o mesmo. L
  SAMAR: de *Salamari, "cabalo da corte", talvez "cabalo do rei" ou mesmo "xinete real". X
  SEOANE: inda que non se refire a un nobre, si é un antropónimo relixioso: San Xoán, de Sancto Iohannes. L(san)-HEBREO
  SISTO: de Sixto, o sexto fillo. L
  TRIBALDES: relacionado con "nobre" ("tres nobres irmáns/aliados" ?). X
  XERMEADE: de *Germinati, relacionado co significado de "que medra". L

       ARRIBA