TOPONIMIA

 

 

LINGUA DE ORIXE: P: precelta / C: celta / L: latín / X: xermánico.
 

O SER HUMANO

 
     
  AGRELA: mal escrito "A Grela", é un campo de cultivo pequeno. Noutras partes de Galiza, "Agro, Agra, Agrelo". L
  AGROMAIOR: campo de cultivo grande, o maior agro de entre varios. L
  BUSTELO: prado de herba pequeno para o gando. L
  CABOVILA: designa a parte máis fonda da aldea. L
  CAMPOS: terreos extensos de cultivo. L
  CASAL DE REIS: aldea, ou casal, protexida pola realeza. L
  CASALDOMIRO: casal pertencente a un nobre medieval chamado Miro. L - X (Miro)
  CASALONGA: casa grande, a de máis riqueza da contorna no seu momento. L
  CRUCEIRO, O: indica a existencia dun cruceiro nun cruzamento de camiños. L
  CRUCES: fai referencia a onde había un cemiterio ou unha igrexa. L
  DEVESA, A: tenza de monte con aproveitamento humano. L
  ERMIDA: mal escrito como "Hermida", é un templo cristián pequeno e illado. L
  FERREIRIÑO: alude ao lugar onde vivía o ferreiro, talvez con diminutivo afectivo. Este oficio era moi solicitado polas pequenas pezas domésticas e polos apeiros de labranza. L
  FREIRÍA: alude a un mosteiro, un asentamento de freires ou de freiras, que adoitaban administrar toda a contorna do cenobio. L
  IGREXA: indica a existencia dunha igrexa, centro de reunión espiritual da aldea. L
  MAZAS: fai referencia a un batán, construción hidráulica que consiste nun martelo grande para bater nas peles. L
  MONTESELO: zona de monte cercada por un valado. "Montecelo" noutras partes de Galiza. L
  MOSTEIRO: v Freiría. L
  PAREDES: muros, valados que rodeaban unha extensión privada de terreo. L
  PAZOS: refírese a varios pazos ou palacios medievais, dende onde a nobreza dirixía a vida da contorna. L
  PÓBOA: aldea, vilar. L
  QUINTÁNS: casas con terreos de labor arredor. L
  RÚA DE FRANCOS: refírese a un camiño. "Francos" pode referirse a un asentamento de xentes provenientes de Francia ou a que o camiño estaba exento de peaxe. L
  SOCASTRO: indica unha aldea situada ao pé dun castro que está nun monte veciño. C (castro)-L
  TORRE: refírese a unha torre medieval ou pazo, cun claro carácter defensivo. L
  VIEIRO: camiño, verea. L
  VILACHAÍÑO: aldea situada nunha pequena chaira. L
  VILANOVA: aldea creada durante a Idade Media en época de bonanza económica, seguramente ordenada polo rei. L
  VILAR: v. Póboa. L
  VILAVERDE: aldea situada nunha zona vizosa. L
  VILELA: aldea pequena. L

 

        ARRIBA