Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Mellor puntuado - I. Idade Media
2037_Raimundo_de_Borgonha_Froaringus.JPG
37. Raimundo de Borgoña25 vistasFoto realizada por Froaringus.

Raimundo de Borgoña, magnate borgoñón, casou con Urraca, filla de Afonso VI, e foi nomeado Conde de Galicia e gobernou o Reino de Galicia por doazón feudal do rei Afonso VI en 1087. Afonso pretendía controlar así a oposición dos galegos polo apresamento do seu irmán García, en concreto, a rebelión do conde de Lugo, Rodrigo Ovéquiz, e do bispo de Compostela Diego Páez.

Fonte: Galipedia
00000
(1 votos)
2038_A_raíña_Tareixa_coa_súa_irmá_Urraca_1080-1130.jpg
38. A raíña Tareixa coa súa irmá Urraca19 vistasEn 1090 Alfonso VI divide Galicia entre as súas dúas fillas: o norte (Galicia actual) para Urraca e o sur para Tereixa (Portugal).

Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
00000
(1 votos)
2039_UrracaRegina_TumboA_1081-1126.jpg
39. Raíña Urraca (1081-1126)24 vistasIlustración do Tumbo A.

Viúva de Raimundo de Borgoña, á morte de Afonso, é nomeada raíña de León, gobernando Galicia, León e Castela, e convertíndose na 1ª raíña na historia da península. O arcebispo Diego Xelmírez acada gran poder no Reino de Galicia. Hai cartas de Urraca onde se autotitulaba “totius Gallecia domina” e “totius Gallecia imperatrix”. O seu marido Raimundo de Borgoña tamén se titulaba emperador de Galicia.
Casou en segundas nupcias co rei de Aragón, Afonso o Batallador, con gran disgusto da nobreza (Conde de Traba) e da igrexa (Xelmírez), que erguerán rei de Galicia ao seu fillo en 1110.

Fontes: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
00000
(1 votos)
2040_AfonsoVII_1107-1157_TumboA.jpg
40. Afonso VII (1105-1157)25 vistasAfonso Reimúndez, o Emperador, é coñecido como Afonso VII de León. Fillo de Urraca e do conde Reimundo de Borgoña, foi criado polo conde de Traba, Pedro Froilaz.
Foi coroado rei de Galicia na catedral de Santiago en 1111 e 15 anos despois é tamén rei de León e Castela.
Xelmírez continúa detentando gran poder en Galicia e en 1115 constrúe a primera Armada da historia da península para defender a Galicia dos ataques normandos.
Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
En 1139 fórmase o reino de Portugal, ao independizarse a Galicia sur (o Condado de Portucale e Coimbra). Posteriormente Portugal vaise expandindo cara ao sur. O Reino de Galicia quédase co territorio que ocupa na actualidade (e O Bierzo).
En 1159 nos anais de Cambrai falan de tres imperios (ao referirse á época de Afonso VII): o bizantino, el germánico e o de Galicia.
Tiña previsto enterrarse na catedral de Compostela, pero acabou na de Toledo. En cambio a súa muller Berenguela, está no Panteón Real da catedral de Santiago.

Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
00000
(1 votos)
2031_descendencia_william.jpg
31. Ágata, filla de Guillerme de Aquitania, prometida de Afonso , rei de Galicia 19 vistasUnha das fillas de Guillerme de Aquitania, Ágata, morreu solteira, pero estaba prometida con Afonso, rei de Galicia.

Fonte da foto: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermo

Fonte orixinal do documento: http://books.google.es/books?id=Cq8KAAAAYAAJ&lpg=PR34&ots=fhG1nCXiAF&dq=galician+horse+william+the+conqueror&hl=es&pg=PR34&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false
00000
(1 votos)
2032_cabalo_willem_1066.jpg
32. Cabalo de Guillerme de Aquitania20 vistasO cabalo negro que o Rei García lle regalou a Guillerme de Aquitania aparece no Tapiz de Bayeux.

«[...] Antes da batalla de Hastings, un cabaleiro normando, Walter Giffart, señor de Longueville, “peregrinou” a Compostela. E póñoo entre aspas porque os historiadores ingleses coinciden en que Giffart chegou coa peregrinación como escusa, e que en realidade o cabaleiro veu a Compostela con motivos máis políticos que relixiosos, vinculados a esa alianza atlántica entre dous territorios emerxentes no cambio de milenio. Proba diso é que retornou a Normandía desde Compostela cun valiosísimo, magnífico cabalo negro para Guillerme, “o agasallo dun rei que tiña unha gran amizade co duque”. Era Afonso, rei de Galicia. Non sabemos a raza, pero esas miniaturas revelan o seu porte maxestuoso: o cabalo dun conquistador. Debeu chegar polo roteiro máis rápido, cruzando o mar rapidamente ata Normandía [...]»

Fonte: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermo
00000
(1 votos)
1050_Moroccan_cartographer_al-Idrisi_for_king_Roger_of_Sicily_1154.jpg
50. Mapamundi árabe do século XII14 vistasMapamundi do cartógrafo marroquí Al-Idrisi para o rei Roger de Sicilia, 1154.

O Polo Norte está no inferior do mapa.
00000
(1 votos)
1041_Coro_colexiata_de_Saint_Pierre,_Chauvigny_,_Francia_séc__XII.jpg
41. Dragón devorando un home15 vistasCapitel do século XII.
Coro da colexiata de Saint-Pierre, Chauvigny.
(Vienne), Francia.
00000
(1 votos)
1044_ClaudioPtolomeo(Ca_d_J_C_90-168),Florencia_1474.jpg
44. Claudio Ptolomeo16 vistasClaudio Ptolomeo (Ca.d.C.90-168), Florencia 1474
Aínda que non perdurou ningunha carta de Ptolomeo, no Renacemento reconstruíronse Mapa Mundi a partir da Geographia de Ptolomeo.
00000
(1 votos)
1040_bestiario-medieval.jpg
40. Serea18 vistasBestiario medieval.00000
(1 votos)
   
118 ficheiros en 10 páxina(s) 10