Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

Mellor puntuado
06_DionisioFierros_Autorretrato4.jpg
06. Autorretrato de Dionisio Fierros (1827-1894)58 vistasO pintor asturiano Dionisio Fierros trasladouse a Santiago de Compostela sendo moi novo e permaneceu en Galicia tres anos pintando incansablemente retratos, paisaxes e escenas costumistas.
Presentouse por primeira vez ao público en 1858 en Santiago de Compostela, onde recibiu unha medalla e o nomeamento de socio de mérito da Sociedad Económica de Amigos del País.
33333
(6 votos)
08_DionisioFierros_A_muinheira_.jpeg
08. A muiñeira. Dionisio Fierros64 vistas33333
(6 votos)
08_Agardando_emigrantes_nunha_dársena_da_Habana~0.jpg
08 Agardando emigrantes nun porto da Habana287 vistas33333
(6 votos)
18_campanariodebastavales.jpg
18. Campanario de Bastavales1124 vistas"Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

l.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
Qu’ antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.

Solo media me deixaron
Os que d’ aló me trouxeron,
Os que d’ aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.

Qu’ os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron…
De pena me consumiron."

(...)

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, 1863
33333
(25 votos)
12_bandeira_naval_da_corunha.jpg
12 Bandeira naval da Coruña antes de perder un dos seus brazos diagonais213 vistasOrixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André".

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Os emigrantes que partían nos barcos para América desde A Coruña vían esta bandeira e identificábana coa bandeira de Galicia, facéndoa ondear primeiro en La Habana e logo en Galicia.
33333
(7 votos)
64_esquela_ovidio.jpg
64. Esquela de Ovidio Murguía577 vistasOvidio Murguía de Castro faleceu o 1 de xaneiro de 1900, poucos meses despois de cumprir 28 anos.

A súa morte prematura a causa da tuberculose fará que sexa encadrado na Xeración Doente, a primeira xeración de pintores galegos da época contemporánea, e que recibe este nome porque era un grupo de prometedores pintores do século XIX, falecidos todos eles de tuberculose arredor do ano 1900, cando rondaban os trinta anos e vivían o comezo da súa madureza artística.

A pintura máis representativa de Ovidio Murguía está maioritariamente nos museos de Pontevedra e A Coruña, pero tamén en coleccións particulares.
33333
(8 votos)
58_ovidio_murguia_1898.jpg
58. Ovidio Murguía en 1898594 vistasEntre 1897 e 1899 Ovidio viviu en Madrid tratando de buscar o seu espazo no mundo da arte.

O seu pai tentaba dirixir os seus pasos por correspondencia e Ovidio non soportaba os seus continuos intentos de controlar a súa vida e a súa pintura, polo que optaba por non comentarlle detalles do seu traballo e mesmo ás veces non lle respondía as cartas

En Madrid, Ovidio namorouse dunha rapaza que traballaba como modelo, pero a rapaza non era do agrado dun seu curmán, que puxo en antecedentes á familia. Cando Ovidio enfermou de tuberculose e regresou á casa paterna na Coruña, a moza escríbíalle constantemente, pero as irmáns del, condicionadas polos informes do seu curmán, interceptaban a correspondencia, o que colmaba a desesperación do enfermo que se cría esquecido pola súa amada. Iso foi algo do que se arrepentiron as irmáns o resto da vida, pois Ovidio pasou a súa agonía chamando por ela. Sábese tamén que cando Ovidio abandonou Madrid a moza estaba embarazada de varios meses, pero descoñécese se o neno chegou a nacer. (Mª Ángeles Tilve Jar)
33333
(8 votos)
63_ribeiras_verdes_1898.jpg
63. Ribeiras verdes de Ovidio Murguía520 vistasÓleo sobre lenzo, de 1898.
(123 x 138 cm)
Museo de Pontevedra
Depósito da Deputación Provincial de Pontevedra
33333
(9 votos)
20_pondal_1862_b.jpg
20. OUTRO RETRATO DE PONDAL EN 1862722 vistasContinúa o seu proceso formativo e transládase a Santiago, onde permanece ata 1885. Neste período confírmase a súa transformación en poeta "profesional" cada vez máis galeguizado. A súa intensa participación na sociedade compostelá obrigábao a gastar sumas importantes tanto de residencia como en vestimenta de luxo, preocupación continua da que existe constancia ao longo de toda a súa vida posterior, así como outros gastos suplementarios derivados dun modus vivendi propio dun dandy. Consecuentemente, polo que se pode apreciar na súa correspondencia, virán continuas peticións de cartos á familia para satisfacer os seus gastos.
33333
(11 votos)
53_debuxo_filla.jpg
53. Rosalía debuxada pola súa filla Alexandra635 vistas"¡Diga que no era triste mi madre! Nada de eso. Muy alegre, siempre estaba de broma, y tenía verdadero ingenio para decir ocurrencias. No; no era triste. ¿Que le diré yo como era? Planchaba, cosía, atendía a la cocina... Destruya usted ese tópico de la tristeza, nacido al leer algunas composiciones patéticas de mi madre."

Palabras de Alexandra Murguía de Castro nunha entrevista que relembra o xornalista Victoriano Fernández Asís en 1959.
33333
(12 votos)
46_monumento_a_rosalia_en_santiago.jpg
46. O monumento a Rosalía na Alameda de Santiago foi inaugurado en 1917666 vistasOs mesmos que a desprezaron en vida por librepensadora, á súa morte comezan a reivindicala como “a nosa santiña” e comparala con Teresa de Ávila. É o que Francisco Rodríguez chamou “tarefa de beatificación e de glorificación estupefaciente en olor a naftalina” que culminou coa inauguración da “Casa-Museo de Rosalía de Castro”, o “Santuario de Padrón”.33333
(15 votos)
19_bastavales.JPG
19. Bastavales1086 vistas
(...)

"Ven á noite... morre ó dia,
As campanas tocan lonxe
O tocar d' Ave Maria.

Elas tocan pra que rece,
Eu non rezo, qu' os saloucos
Afogandome parece
Que por min tên que rezar;
Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soidades."

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, 1963
33333
(20 votos)
623 ficheiros en 52 páxina(s) 6