Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

Mellor puntuado
13_aurelio_aguirre.jpg
13. AURELIO AGUIRRE804 vistasEduardo Pondal trasládase a Santiago para iniciar os estudos de Bacharelato e rematado o ensino secundario, matricúlase na Facultade de Medicina en 1854.

Nos anos nos que chegou a Compostela estaba comezando o rexurdir político-cultural galego (primeiras publicacións periódicas defendendo os intereses de Galiza, as primeiras agrupacións e mais os primeiros movementos reivindicativos que finalizaron co levantamento frustrado de 1846). É a época en que comenzan a escribir en galego Añón, os Camino, Turnes, Valladares, etc. e destacan entre a xuventude universitaria ou cultural Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, os Rúa Figueroa, Murguía, Rosalía, Aguirre...

O xoven Pondal participará en moitas destas actividades dos provincialistas, alén de compartir protagonismo no Banquete de Conxo coa principal figura do ambiente universitario do momento, Aurelio Aguirre, o que supuxo para Pondal a entrada na vida pública galega, aos 21 anos de idade.
33333
(9 votos)
30_casa_da_matanza.jpg
30. Casa da Matanza en Padrón877 vistas1881: A finais deste ano instálase definitivamente en Padrón, nunha casa humilde que Murguía aluga para a familia. Murguía e Rosalía que viviron en tantas casas, nunca tiveron ningunha en propiedade.

Aquí adicarase ao coidado dos fillos e da horta e escribirá A las orillas del Sar.

33333
(16 votos)
16_fernan_caballero.jpg
16. Fernán Caballero982 vistasFernán Caballero era o pseudónimo de Cecilia Böhl de Faber y Larrea (1796-1877), autora de novelas de carácter costumista e moralizante.

Era moi habitual naqueles tempos que as mulleres publicasen baixo nome masculino, pois o mundo da cultura en xeral, e o da literatura en particular, pertencía case en exclusiva aos homes e as mulleres que intentaban entrar nel eran mal vistas.

Rosalía adicoulle a ela o poemario Cantares Gallegos coa data do 17 de maio de 1863 (día do aniversario de Manuel Murguía). A iso se debe a celebración do Día das Letras Galegas cada 17 de maio.
33333
(20 votos)
39_manuel_murguia.jpg
39. Manuel Murguía807 vistasMurguía non estaba con Rosalía no momento da súa morte e cando regresou á casa enfadouse moito porque Alexandra queimara os papeis da nai, pois entre o queimado había unha novela inédita e outros traballos da autora.

Porén, debémoslle a Murguía o feito de non conservar as cartas de súa muller, que queimou cando era un ancián e sentiu próximo o final da súa vida, privándonos de coñecer moitos aspectos do carácter de Rosalía e da súa obra.
33333
(12 votos)
39_manuscrito_pondal.jpg
39. MANUSCRITO DE PONDAL500 vistasManuscrito autógrafo de Pondal "Po-lo baixo cantando...". Encóntrase na sede da Real Academia Galega.33333
(8 votos)
09_Cuba~0.jpg
09 As plantacións en Cuba327 vistasAs plantacións en Cuba nutriranse de escravos até a abolición da escravitude. A partir dese momento os escravos serán substituídos por man de obra barata, demanda satisfeita pola inmigración procedente de Europa (maioritariamente emigrantes galegos).

33333
(8 votos)
20_OvidioMurguía_Mariña.jpg
20. Mariña. Ovidio Murguía57 vistas33333
(4 votos)
a49.JPG
116 vistas33333
(4 votos)
20_ventura_ruiz_aguilera.jpg
20. Ventura Ruíz Aguilera976 vistasRosalía adícalle a el o poema “A gaita gallega” como resposta a outro que Ventura Ruíz Aguilera escribira co título “La gaita gallega” en 1860.

As denuncias de abandono por parte do goberno español e do problema da emigración chegan ao momento máis combativo na cuarta parte do mesmo. “Pobre Galicia, non debes / chamarte nunca española, / qu'España de ti s'olvida / cando eres, ¡ai! tan hermosa.”

Estamos ante un deses exemplos de poema de riguroso contido sociopolítico moi afastado da imaxe pusilánime e chorona que se nos quixo dar da autora.
33333
(18 votos)
54_gala_e_aura.JPG
54. As súas fillas Gala e Aura666 vistasAura foi a segunda filla de Rosalía, naceu en Santiago, o 7 de decembro de 1868, casou por poder antes de cumprir os vinte anos con Francisco Prats, experto numismático e director do Diario de Albacete, de onde el era orixinario; e aínda que o matrimonio tivo dous xemelgos que ilusionaron o avó, os únicos netos coñecidos de Murguía, estes morreron con poucos meses de vida.

Gala e o seu xemelgo Ovidio foron os seguintes en nacer, o dous de xullo de 1871 en Lestrove. Gala casou aos cincuenta anos, un ano antes da morte de Manuel Murguía, e non tivo descendencia.
33333
(7 votos)
04_Julia.jpg
04. A SÚA IRMÁ JULIA794 vistasPondal foi o derradeiro de sete irmáns (Cesáreo, Emilia, Josefa, Eduarda, Julia, Eulogia e Eduardo), dunha familia de ascendencia fidalga.33333
(12 votos)
66_murguia.jpg
66. Manuel Murguía371 vistas33333
(6 votos)
623 ficheiros en 52 páxina(s) 10