Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Mellor puntuado - A emigración galega e a súa contribución ao Rexurdimento
05_barco_emigrantes.jpg
05 Barco de emigrantes171 vistas55555
(3 votos)
06_emigrantes.jpg
06 Emigrantes nunha travesía marítima171 vistas55555
(2 votos)
15_RAG_1904.jpg
15 A RAG nace na Habana243 vistasAínda que foi inaugurada o 30 de setembro de 1906 na Coruña, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración, como sinala o historiador Ramón Vilar Ponte e como se recolle na web da propia RAG. 44444
(5 votos)
07_emigracion-galega.jpg
07. Emigrantes174 vistas44444
(4 votos)
14_panteon_de_Carral.jpg
14 Panteón aos mártires de Carral245 vistasMonumento en homenaxe aos chamados mártires de Carral, mártires da Revolución do 46, inaugurado en 1904.

Este panteón realizouse por iniciativa da Liga Gallega cos cartos dos emigrantes.
44444
(4 votos)
viveiro.jpg
Escola de indianos de Viveiro223 vistasMagazos, Viveiro (Lugo). Edificio escolar promovido pola sociedade Vivero y su Comarca, desde La Habana.44444
(4 votos)
11_Follas_Novas.jpg
11 Follas Novas foi editada na Habana por primeira vez200 vistasEn 1880 ve a luz o segundo poemario en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado pola editorial La Propaganda Literaria na Habana.44444
(6 votos)
san-pedro-de-benquerencia.jpg
Escola de indianos de San Pedro de Benquerencia238 vistasSan Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo). Edificio escolar construído pola sociedade “Hijos de Benquerencia” desde Cuba.44444
(6 votos)
10_Centro_da_Habana~0.jpg
10 Centro Galego da Habana318 vistasAínda que o edificio foi rematado en 1913, o Centro Galego da Habana procede do século XIX.

A súa creación comezou a cristalizar o 23 de novembro de 1879. Un grupo de emigrantes galegos entusiastas reuniuse no Teatro Tacón (máis tarde Teatro Nacional e hoxe Teatro García Lorca) e acordaron constituír unha sociedade que chamarían CENTRO GALEGO, SOCIEDADE DE INSTRUCCIÓN E RECREO.
33333
(13 votos)
13_panteon_galegos_ilustres_1891.JPG
13 Panteón dos Galegos Ilustres248 vistasCo traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en 1891 inaugúrase o Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago.

Dado que non había nin lápida nin cruz na tumba de Rosalía, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina, comezou unha mobilización de desagravio en La Habana canalizada pola Liga Gallega en 1891 para o traslado dos seus restos de Adina a San Domingos de Bonaval.
33333
(5 votos)
08_Agardando_emigrantes_nunha_dársena_da_Habana~0.jpg
08 Agardando emigrantes nun porto da Habana287 vistas33333
(6 votos)
12_bandeira_naval_da_corunha.jpg
12 Bandeira naval da Coruña antes de perder un dos seus brazos diagonais213 vistasOrixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André".

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Os emigrantes que partían nos barcos para América desde A Coruña vían esta bandeira e identificábana coa bandeira de Galicia, facéndoa ondear primeiro en La Habana e logo en Galicia.
33333
(7 votos)
29 ficheiros en 3 páxina(s) 1