Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - I. Idade Media
1030_Book_of_Armagh_4evangelists.gif
30. Os catro evanxelistas19 vistasBook of Armagh, manuscrito irlandés do século IX.
É un dos máis antigos exemplos do gaélico escrito.
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
1036_bestiario.jpg
36. Bestiario19 vistas
2010_Paulo_Orosio_miniatura_do_códice_Saint-Epure.jpg
10. Paulo Orosio19 vistasMiniatura do códice Saint-Epure.

“Cando chegaron os bárbaros mudaron a espada polo arado” segundo as palabras de Paulo Orosio (383-420), coetáneo de Hermerico, recollidas na Historia Sueborum por Santo Isidoro de Sevilla, o primeiro historiador non romano. Isto indica que o que foi chamado arado romano en realidade era un arado suevo.

Fonte: Xoán Bernárdez Vilar
4005_scriptorium_cantigas.jpg
05. Scriptorium do rei Afonso X19 vistas
4109_Códice.JPG
09. Códice Calixtino19 vistas
0206_Bieito_de_Nursia.jpeg
06. Bieito de Nursia18 vistasSan Bieito (c. 480-543) foi o primeiro en crear a estrutura dun convento.
Os mosteiros beneditinos estendéronse por toda Europa contribuíndo decididamente na evanxelización cristiá de Occidente.
A Orde beneditina segue a Regra ditada por Bieito de Nursia (c. 480-543) para a abadía de Montecasino, cuxo principio fundamental é Ora et labora.
0501_A_cidade_Medieval_P.jpg
01. A cidade medieval18 vistas
0602_CodexGranatensis_ColleitandoEspárragosS_XV.JPG
02. Recollendo espárragos18 vistasIlustración do Codex Granatensis (século XV).

O Codex Granatensis é un manuscrito de Historia Natural.
Consérvase na Universidade de Granada.
1003_catedral_santiago.jpg
03. Planta da catedral de Santiago18 vistasO home é sobre todas as cousas o templo de Deus. De aí que, cando os homes do Románico tiveron que levantar os templos de Deus na terra, o fixeran a semellanza do corpo humano. O presbiterio, onde se encontra o altar, equivalería á cabeza, o cruceiro aos brazos e mans e o resto sería o que quedaba do corpo. E así se recollía na Guía do Peregrino de Santiago de Compostela, c. 1140. Polo tanto os templos son microcosmos, imaxes da orde universal, do macrocosmos.

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990
1028_Book_of_Durrow_84v.jpg
28. Aguia18 vistasBook of Durrow, manuscrito iluminado do século VII.
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
2008_Tombo_A.png
08. Tombo A18 vistas“É un documento excepcional, mandouno facer o arcebispo Xelmírez, e recolle as doazóns e os privilexios que lle fixeron á igrexa compostelá os devanceiros de Afonso VII. Realmente é unha operación de mercadotecnia para estimular a xenerosidade deste rei. As doazóns non están ordeadas cronoloxicamente, senón segundo a relación que o doante ten con Afonso VII. Faise arredor do 1129 e amosa o equilibro institucional do reino. O feito de que estea elaborado na igrexa e dirixido ao rei permite ver a estreita alianza entre a igrexa compostelá e a realeza co trono en León, amosa a bicefalia do reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2032_cabalo_willem_1066.jpg
32. Cabalo de Guillerme de Aquitania18 vistasO cabalo negro que o Rei García lle regalou a Guillerme de Aquitania aparece no Tapiz de Bayeux.

«[...] Antes da batalla de Hastings, un cabaleiro normando, Walter Giffart, señor de Longueville, “peregrinou” a Compostela. E póñoo entre aspas porque os historiadores ingleses coinciden en que Giffart chegou coa peregrinación como escusa, e que en realidade o cabaleiro veu a Compostela con motivos máis políticos que relixiosos, vinculados a esa alianza atlántica entre dous territorios emerxentes no cambio de milenio. Proba diso é que retornou a Normandía desde Compostela cun valiosísimo, magnífico cabalo negro para Guillerme, “o agasallo dun rei que tiña unha gran amizade co duque”. Era Afonso, rei de Galicia. Non sabemos a raza, pero esas miniaturas revelan o seu porte maxestuoso: o cabalo dun conquistador. Debeu chegar polo roteiro máis rápido, cruzando o mar rapidamente ata Normandía [...]»

Fonte: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermo
356 ficheiros en 30 páxina(s) 9