Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - I. Idade Media
0524_Pontedeume.jpg
24. Pontedeume22 vistasA historia urbana de Pontedeume comeza coa concesión en 1270 por parte de Afonso X do título de vila a un asentamento que existía a rentes da ponte sobre o Eume.
Para protexer a recén creada vila, faise necesario dotala dun bo sistema defensivo. Catorce anos despois da fundación, a vila xa conta cun valado e portas de acceso. O sistema foise mellorando engadindo torres de vixilancia e robustecendo o contorno ata ter unha muralla que circunvalaba completamente a vila. Esta estaba constituída por un sistema de cuadrícula onde as rúas dispostas paralela e perpendicularmente nas direccións N-S e E-O dividían os solares de casas en trece bloques que en ningún momento se adosaban ás murallas.

Fonte: Galipedia
1005_San_Clemente_de_Taull.JPG
05. Pantocrátor de San Clemente de Taüll22 vistasDetalle de pintura mural; 1123.
Ábside da igrexa de Sant Climent, Taüll (Lleida).
Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona).

Cristo preséntase maxestuosamente (Maiestas Domini) para xulgar os seres humanos e dar fe da grandeza divina. A súa imaxe desmesuradamente grande é símbolo do absoluto, de aquilo que contén en si o principio e a fin, o alfa e o omega.
1027_Book_of_Durrow_eagle.jpg
27. Aguia22 vistasBook of Durrow, manuscrito iluminado do século VII.
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
1002_Códice_latino_de_santa_Hildegarda,_Lucca,_Italia_séc__XII.jpg
02. O home no centro do mundo21 vistasCódice latino de Santa Hildegarda.
Lucca, Italia, século XII.

O cadrado é a perfección do terrestre –do Home- e o círculo é a perfección do celeste –de Deus-.
2045_Fernando_II_segundo_unha_miniatura_do_Tumbo_A_da_Catedral_de_S_de_C_1137-1188jpg.jpg
45. Fernando II21 vistasMiniatura do Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.
Fernando II reinou entre os anos 1157 e 1188.
É rei de Galicia e León.
Durante o seu reinado vívese un gran esplendor cultural e constrúese o Pórtico da Gloria.
Na lírica provenzal faise mención a este rei como “seignor del galecs”.
Foi enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago.

Fontes: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
2044_Berenguela_Muller_de_Afonso_VIIIdeGZ.jpg
44. Berenguela, muller de Afonso VIII21 vistas
2041_Pedro_Froilaz_Conde_de_Traba_1075__1128_Educador_de_Afonso_VII.jpg
41. Pedro Froilaz, Conde de Traba (1075-1128)21 vistasEducador de Afonso VII.

Conde de Traba. (1075-1128). Extenso territorio entre Noia e Ortigueira. Encomendóuselle a educación do futuro rei Afonso VII e foi colaborador de Xelmírez.

Fonte: Galipedia
4105_Pergameo_Vindel_Martim_Codax.jpg
05. Pergameo Vindel21 vistas
4108_CódiceCalixtino.jpg
08. Códice Calixtino21 vistas
4504_FCSH_NOVA.jpeg
04. www.cantigas.fcsh.unl.pt21 vistasBase de datos do Instituto de Estudos Medievais da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa.
4506_codax.png
06. Martín Códax21 vistas
0207_Cluny_P.jpg
07. Cluny20 vistasA orde Beneditina sufriu numerosas reformas, a primeira delas foi a chamada cluniacense (en Cluny, Francia, fundouse o primeiro mosteiro desta reforma).
356 ficheiros en 30 páxina(s) 8