Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - I. Idade Media
4113_Páxina_da_Crónica_Troiana.jpg
13. Páxina da Crónica Troiana32 vistas
4112_CronicaTroiana.jpg
12. Crónica Troiana32 vistas
1001_Ábside_igrexa_Sant_Quirze,_Pedret,_Barcelona_séc__X.jpg
01. Representación de Cristo como ave fénix31 vistasÁbside da igrexa de Sant Quirze.
Pedret, Barcelona, século X.

Representación de Cristo como ave fénix, que rexorde ao terceiro día das cinzas.
O círculo é a representación do macrocosmos circunscrito ao home perfecto, Cristo, ao home que extende os seus brazos (imaxe do Crucificado)

Na Idade Media, cada cousa creada era un símbolo por medio do cal Deus se daba a coñecer e, de entre todas as cousas creadas, o home era a que mellor reflectía a imaxe de Deus, pois modelou o home da arxila e fíxoo á súa imaxe e semellanza.
No século XII, o Home era unha alegoría do cosmos: era un microcosmos. A carne era comparada coa terra espesa, a pel co mar que cerca a terra, as veas eran os ríos, os ósos, as rochas e os cabelos da cabeza, as herbas dos prados, etc.
Ao longo da Idade Media, a perfección do humano en relación a Deus constituíu unha obsesión. San Agustín, santa Hildegarda, santo Tomás de Aquino, entre outros, consideraron ao Homo Quadratus como ideal de perfección, e a Cristo como o Homo Quadratus por excelencia.

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990
2036_AlfonsoVI_O_Bravo_1040-1109_Rei_en_1072.jpg
36. Afonso VI O Bravo (1040-1109)31 vistasReina en Galicia e León desde 1072.

Toledo pasou ao seu dominio no ano 1085, o que implicaba unha ampliación importante do reino, que desde agora ía sendo menos galego.
O seu idioma era o galego. Así se demostra na crónica que narra como recibiu Afonso VI en Toledo a triste nova da morte do seu fillo, o infante Sancho, na batalla de Uclés (1108):
(...)Los que escaparon desta rota fueron a llevar las tristes nuevas al Rey don Alonso, que estava en Toledo; fuele dolorosa y amarga, porque no tenia otro hijo, lloróle como un David a Absalon; y en la lengua que se usaba dixo con dolor, y lagrimas que quebrava el coraçon: Ay meu fillo, Ay meu fillo, alegria de mi coraçon, et lume dos meos ollos, solaz de miña vellez; Ay meu espello, en q me soya ver, et con quen tomava moy gran prazer. Ay meu herdero mayor; Estas palabras dizen que dezia el Rey, y otras tales diria, que la causa del dolor era grande (...)
Estoria de España ou Primera Crónica General é unha tradución da crónica De Rebus Hispaniae de Rodrigo Jiménez de Rada.
4502_Mordillo2_p.jpg
02. O amor cortés parodiado por Mordillo31 vistas
1022_Verac_Gironde.jpg
22. Canzorro románico30 vistasVerac, Gironde (Aquitania) (Francia).
1012_Anunciación_aos_pastores.jpg
12. A anunciación aos pastores29 vistasPintura mural de principios do século XII.
Panteón dos Reis, colexiata de San Isidoro, León.
1020_San_Juan_Bautista_de_Villanueva.jpg
20. Canzorros románicos29 vistasSan Juan Bautista de Villanueva de la Nía (Cantabria).
1017_Interior%20corbel_church%20of%20Sainte-Radegonde_Poitiers%20(Vienne_France2.jpg
17. Canzorro románico28 vistas
1021.jpg
21. Canzorro románico28 vistas
2033_Panteón_dos_reis_de_San_Isidoro_de_León.jpg
33. Panteón dos Reis de San Isidoro de León28 vistas
4001_AfonsoXTumboA.jpg
01. Afonso X28 vistasTumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.
356 ficheiros en 30 páxina(s) 4