Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - I. Idade Media
1031_Bestiario_de_Anne_Walshe__Basilisco.jpg
31. Basilisco17 vistasBestiario de Anne Walshe (1400-25).
Consérvase na Real Biblioteca de Dinamarca, en Copenhagen.

Para os homes e mulleres medievais case tan real era o león ou o elefante como un grifo ou un centauro. A súa despreocupación pola natureza impedíalles desligar as imaxes reais das que coñecían a través dos bestiarios e dos escritos eclesiásticos.
1039_Platerías_serea.jpg
39. Serea con corpo de peixe17 vistasFachada das Platerías da Catedral de Santiago de Compostela.

No século XII-XIII comezan a aparecer as sereas con corpo de peixe e reciben o nome de Nereidas.
Outro dos símbolos que ás veces acompañan a serea-peixe, para reforzar o carácter de luxuria deste ser mitolóxico, é un peixe que a serea leva na man, símbolo fálico na imaxinería medieval.
2031_descendencia_william.jpg
31. Ágata, filla de Guillerme de Aquitania, prometida de Afonso , rei de Galicia 17 vistasUnha das fillas de Guillerme de Aquitania, Ágata, morreu solteira, pero estaba prometida con Afonso, rei de Galicia.

Fonte da foto: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermo

Fonte orixinal do documento: http://books.google.es/books?id=Cq8KAAAAYAAJ&lpg=PR34&ots=fhG1nCXiAF&dq=galician+horse+william+the+conqueror&hl=es&pg=PR34&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false
2042_Tumba_de_Pedro_Froilaz,_Conde_de_Traba_(Catedral_Santiago).jpg
42. Pedro Froilaz, Conde de Traba17 vistasTumba do Conde de Traba no Panteón dos Reis da Catedral de Santiago de Compostela.
4107_Cantigas-de-Santa-Maria.jpg
07. Cantigas de Santa María17 vistas
4106_Pergameo_Sharrer.jpg
06. Pergameo Sharrer17 vistas
4407_Camelot.jpg
07. Camelot17 vistas
0114_tapizbayeux.jpeg
14. Cabalaría á brida17 vistasA base da capacidade ofensiva do exército normando en Hastings era unha nova cabalaría que montaba á brida, cunha sela provista de alto arzón que encaixaba o xinete, e estribos moi longos, de maneira que as pernas quedaban estendidas e o guerreiro practicamente atopábase de pé sobre eles. Era o comezo da cabaleiría pesada da Europa Occidental.
0102_Castelo_dos_Andrade.jpg
02. Castelo dos Andrade16 vistasConstruído no 1369 por Fernando Pérez de Andrade "O Bo". Construción que o enfrontou co prior do mosteiro de Sobrado que non quería que se levantara.

Fonte: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
0202_catedral_de_Tui.JPG
02. Catedral de Tui16 vistas
0304_Chambre_du_cerf_1.jpg
04. Escena de caza no cuarto do cervo no Pazo do Papa en Avignon16 vistasSituada na "CHAMBRE DU CERF", gabinete de traballo do papa Clemente VI (1342 - 1352). O Papa fixo instalar nel unha cama e a súa biblioteca particular.
Esta sala estaba decorada cunha escena de caza do cervo, desaparecida tras os traballos efectuados no século XVIII.

0516_Barrio_xudeu__Ribadavia-_Galiza-Lmbuga_(Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez)_cc.jpg
16. Barrio xudeu de Ribadavia16 vistasFoto de Luís Miguel Bugallo Sánchez (Creative Commons).

Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, adicada ao comercio e a artesanía. Ademais moitos xudeus encargábanse da xestión dos asuntos financieiros do Señorío e posteriormente do Condade de Ribadavia, especializándose na administración de bens e rendas. Tamén destacaron como mercaderes de viño.
Calcúlase que a xudaría se formou en torno aos séculos XII e XIII.
Cando os Reis Católicos promulgaron a orde de expulsión dos xudeus no 1492, moitas familias convertéronse, mantendo o culto xudeu en segredo, deica o famoso acontecemento do Malsín no ano 1606.
O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.

Fonte: http://www.ribadavia.travel/node/124
356 ficheiros en 30 páxina(s) 11