Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

Máis visto
38_rosalia_de_castro_xacente_1885.jpg
38. Rosalía de Castro xacente912 vistasCóntase que antes de morrer, xa delirante, mandou abrir a fiestra para ver o mar e que esas foron as súas últimas palabras. Desde Padrón non se pode ver o mar, o cal fai máis impresionante o seu último desexo, precisamente vindo dela que tantas veces fantaseou co suicidio no mar nos seus poemas.

O seu fillo, Ovidio Murguía, que acaba de cumprir catorce anos, e que chegará a ser un pintor famoso, fai un retrato a lapis da súa nai morta, que despois copiará en óleo.
23_rosalia_1865_1875.jpg
23. Rosalía de Castro910 vistasA vida de Rosalía nestes anos estará marcada pola itinerancia laboral de Murguía.

En 1865 publica no Almanaque de Galicia de Lugo “Las literatas. Carta a Eduarda” artigo no que fala da condición feminina.
1866: Ruínas (novela)
1867: El caballero de las botas azules (novela)
1868: nace Aura, a súa segunda filla en Santiago.
En 1869 e 1870 viven en Simancas onde escribe parte de Follas Novas.
Logo en Madrid , na Coruña, en Lestrove...
25_casa_rosalia_coruna.JPG
25. Casa de Rosalía na Coruña905 vistasDesde o ano 1870, no que é cesado como arquiveiro en Simancas, Murguía é Xefe do Arquivo Xeral do Reino de Galicia na Coruña. Rosalía desde este momento non voltará a saír de Galicia.

A familia reside no segundo piso da casa nº 3 da rúa do Príncipe.

Son tempos de tranquilidade e de certo desafogo económico que durarán até o ano 1875, no que Murguía perde o emprego.
14_pazo_Torres_da_Hermida.jpg
14. Pazo das Torres da Hermida en Lestrove900 vistasA casa de Lestrove foi sempre moi querida para Rosalía. É a casa dos Hermida de Castro. Alí pasara alegres tempadas durante a infancia e a adolescencia e nela, e no cariño dos seus parentes refuxiárase no 1862 trala morte da súa nai.

En 1871: En Lestrove nacen os seus fillos xemelgos Gala e Ovidio.

A Lestrove volverá frecuentemente, sobre todo nos momentos difíciles da súa vida.
23__tecido_conectivo_conxuntivo.jpg
z.h. Fibroblastos896 vistasCélulas formadoras de fibras conxuntivas
27_Follas_Novas.jpg
27. Follas Novas publícase en 1880893 vistas1880 é o ano de publicación de Follas Novas.

Adica este libro “ós señores da Xunta Directiva e mais individuos que compoñen a Sociedade de Beneficiencia dos Naturales de Galicia na Habana”
53__tecido_muscular_liso.jpg
z.z.i Tecido muscular liso ou visceral 880 vistas
57__neurona_monopolar.gif
z.z.m Neuurona monopolar879 vistas
30_casa_da_matanza.jpg
30. Casa da Matanza en Padrón877 vistas1881: A finais deste ano instálase definitivamente en Padrón, nunha casa humilde que Murguía aluga para a familia. Murguía e Rosalía que viviron en tantas casas, nunca tiveron ningunha en propiedade.

Aquí adicarase ao coidado dos fillos e da horta e escribirá A las orillas del Sar.

20__tecido_conectivo_1.jpg
z.i. Tecido conectivo laxo861 vistasObservamos tres vasos sanguneos cortados con glóbulos vermellos no interior
36_ROSALIA.JPG
36. Un dos últimos retratos de Rosalía de Castro861 vistasRosalía morre dun cancro de útero en 1885 acompañada polos seus fillos e en ausencia de Murguía.
10_dolmen_dombate.jpg
10. O DOLMEN DE DOMBATE849 vistasCamiño da reitoral de Nemiña pasaba diante do dolmen de Dombate ao que lle adicaría este poema de Queixumes dos Pinos:

O DOLMEN DE DOMBATE

Aínda recordo, aínda,
cand'eu era estudiante,
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
cand'iba p'ra Nemiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do bo Villafañe,
qu'iba a cabalo, ledo,
como fan os rapaces.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o dolmen de Dombate.
Deixando Fonte-Fría
cara o lado de Laxe,
e levando o camiño
de San Simón de Nande,
polo chan de Borneiro
de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes
do dolmen de Dombate.
........................................
Entonces eu deixando
ambas rendas flotantes,
pensoso iba cuidando,
p'la Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados,
nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias,
nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens
e castros verdexantes.
E despois a Nemiña,
ou que fose ou que tornase,
ó velo desde lonxe,
indo p'la gandra adiante,
sempre ledo escramaba:
"¡O dolmen de Dombate!".
Agora que pasano
meus anos xogorales,
agora que só vivo
de tristes suïdades,
que cumpro con traballo
meu terrenal vïaxe
e qu'a miña cabeza
branquea a grave edade,
aínda recordo, aínda,
o dolmen de Dombate.
1624 ficheiros en 136 páxina(s) 7