Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

Máis visto
52__musculo_estriado.jpg
z.z.h Tecido Muscular estriado esquelético1032 vistas
63__microglia_1.jpg
z.z.s Célula da Microglía1031 vistas
09_la-flor_1857.jpg
09. La flor1026 vistasRosalía vai vivir a Madrid coa nai no ano 1856. Alí publica La Flor en 1857, cando ela ten vinte anos.

O libro ten unha forte influencia romántica e Murguía publica un artigo laudatorio en “La Iberia” en tono entusiasta ese mesmo ano. Parece ser que esta crítica foi a circunstancia que provocou que se coñecesen en persoa Rosalía e Murguía, que casan en Madrid en 1858. Ela ten 21 anos e el 25.
40_glóbulos_vermellos.png
z.u Glóbulos vermellos, eritrocitos ou hemacías1008 vistas
13_pazo_de_arreten.JPG
13. Pazo de Arretén998 vistas
Este pazo aparece mencionado coa lembranza do seu avó don José de Castro e dos tempos de benestar xa pasados no poema "Como chove miudiño":

“E tamén vexo enloitada
da Arretén a casa nobre
donde a miña nai foi nada (...)
.........................................
Casa grande lle chamaban
noutro tempo venturoso,
cando os probes a improraban
..............................................
Casa grande, cando un santo
venerable cabaleiro,
con tranquilo, nobre encanto,
baixo os priegues do seu manto
cobexaba ó perdioseiro.”

Rosalía, Cantares Gallegos, 1963
16_fernan_caballero.jpg
16. Fernán Caballero982 vistasFernán Caballero era o pseudónimo de Cecilia Böhl de Faber y Larrea (1796-1877), autora de novelas de carácter costumista e moralizante.

Era moi habitual naqueles tempos que as mulleres publicasen baixo nome masculino, pois o mundo da cultura en xeral, e o da literatura en particular, pertencía case en exclusiva aos homes e as mulleres que intentaban entrar nel eran mal vistas.

Rosalía adicoulle a ela o poemario Cantares Gallegos coa data do 17 de maio de 1863 (día do aniversario de Manuel Murguía). A iso se debe a celebración do Día das Letras Galegas cada 17 de maio.
20_ventura_ruiz_aguilera.jpg
20. Ventura Ruíz Aguilera976 vistasRosalía adícalle a el o poema “A gaita gallega” como resposta a outro que Ventura Ruíz Aguilera escribira co título “La gaita gallega” en 1860.

As denuncias de abandono por parte do goberno español e do problema da emigración chegan ao momento máis combativo na cuarta parte do mesmo. “Pobre Galicia, non debes / chamarte nunca española, / qu'España de ti s'olvida / cando eres, ¡ai! tan hermosa.”

Estamos ante un deses exemplos de poema de riguroso contido sociopolítico moi afastado da imaxe pusilánime e chorona que se nos quixo dar da autora.
26_rosalia_de_castro.jpg
26. Rosalía de Castro930 vistasEn 1875 Rosalía e familia abandonan a Coruña e trasládanse a Santiago de Compostela. Apenas un mes despois nace Adriano, o segundo fillo varón da parella.

Serán estes tempos difíciles para Rosalía e Murguía, marcados polas dificultades económicas, que xa non os abandonarán, e as desgrazas familiares. No ano 1876 morre accidentalmente Adriano e Rosalía vese sumida nunha profunda depresión, que se verá agudizada en 1877, ao dar a luz unha nena, Valentina, que nace morta.

A pesar de todo isto, Rosalía non era unha muller triste cos seus fillos. As súas fillas, moitos anos despois, en especial dona Gala, reiteran que súa nai era unha muller moi alegre, que lles cantaba cancións e contaba contos e ría moito con eles.
38__sangre.jpg
z.u Células sanguíneas929 vistas
07_chegada_ourense_locomotora.jpg
07. ILUSTRACIÓN DA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA NO ANO 1880920 vistasDebuxo aparecido en La Ilustración Gallega y Asturiana que representa a chegada a Ourense da primeira locomotora.

Curros, firme defensor do progreso tecnolóxico e científico, adicoulle a este evento o seu poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”:

I
Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II
Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.
35_rosalia_e_familia_1884.jpg
35. Rosalía e familia en 1884914 vistasO matrimonio cos seus fillos e un canciño no medio.

Alexandra tiña xa 24 anos; Aura, 15 anos; Gala e Ovidio, 13, e Amara só 10. Murguía nesa época non estaba case nunca na casa por causas laborais. Esta foto foi feita un ano antes de morrer, ano de publicación de A las Orillas del Sar.

Na Matanza Ovidio comezará a debuxar, súa nai e Alexandra serán as súas mestras no manexo do lapis e a acuarela.

En 1883, Manuel Murguía acompañado pola súa filla Alexandra, que por esta época rexeita unha praza como restauradora do Museo Nacional de Arte Moderno para non contrariar o pai, pasan boa parte do ano en Madrid.


61_Neuronas_teñidas_con_tinción_de_Golgi.jpg
z.z.q Neuronas913 vistas
1624 ficheiros en 136 páxina(s) 6