Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - A emigración galega e a súa contribución ao Rexurdimento
san-adrian-ortigueira.jpg
Escola de indianos de San Adrián, Ortigueira280 vistasSan Adrián, Ortigueira (A Coruña). Grupo escolar que a “Sociedad de Instrucción San Adrián” levantou naquela parroquia en 1912.
13_panteon_galegos_ilustres_1891.JPG
13 Panteón dos Galegos Ilustres252 vistasCo traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en 1891 inaugúrase o Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago.

Dado que non había nin lápida nin cruz na tumba de Rosalía, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina, comezou unha mobilización de desagravio en La Habana canalizada pola Liga Gallega en 1891 para o traslado dos seus restos de Adina a San Domingos de Bonaval.
14_panteon_de_Carral.jpg
14 Panteón aos mártires de Carral249 vistasMonumento en homenaxe aos chamados mártires de Carral, mártires da Revolución do 46, inaugurado en 1904.

Este panteón realizouse por iniciativa da Liga Gallega cos cartos dos emigrantes.
15_RAG_1904.jpg
15 A RAG nace na Habana246 vistasAínda que foi inaugurada o 30 de setembro de 1906 na Coruña, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración, como sinala o historiador Ramón Vilar Ponte e como se recolle na web da propia RAG.
coca-manon.jpg
Interior da escola de Indianos en Coca. Mañón238 vistasCoca, Mañón (A Coruña). Estado de abandono que presentaba non hai moito tempo unha das aulas da escola que a sociedade “La Unión Escolar Mañonesa” levantou naquela parroquia.
san-pedro-de-benquerencia.jpg
Escola de indianos de San Pedro de Benquerencia238 vistasSan Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo). Edificio escolar construído pola sociedade “Hijos de Benquerencia” desde Cuba.
santa-xusta-morana.jpg
Escola de indianos de Santa Xusta, en Moraña235 vistasSanta Xusta, Moraña (Pontevedra). Grupo escolar levantado sobre outro edificio anterior, ambos co legado que deixara Manuel Blanco, emigrante radicado en Nueva Guatemala de la Asunción, capital actual de Guatemala.
viveiro.jpg
Escola de indianos de Viveiro223 vistasMagazos, Viveiro (Lugo). Edificio escolar promovido pola sociedade Vivero y su Comarca, desde La Habana.
san-sadurnino-de-ferreiro.jpg
Escola de indianos de San Sadurnino de Ferreiro222 vistasSan Sadurniño de Ferreira, Sarria (Lugo). Edificio escolar, hoxe en ruínas, que mandou edificar, inaugurado en 1934, a sociedade “Hijos del Distrito de Sarria”, radicada en La Habana.
12_bandeira_naval_da_corunha.jpg
12 Bandeira naval da Coruña antes de perder un dos seus brazos diagonais215 vistasOrixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André".

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Os emigrantes que partían nos barcos para América desde A Coruña vían esta bandeira e identificábana coa bandeira de Galicia, facéndoa ondear primeiro en La Habana e logo en Galicia.
16_himno.JPG
16 O himno galego soou por primeira vez na Habana208 vistasEstreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual cá bandeira de Galicia, é froito da emigración.
11_Follas_Novas.jpg
11 Follas Novas foi editada na Habana por primeira vez201 vistasEn 1880 ve a luz o segundo poemario en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado pola editorial La Propaganda Literaria na Habana.
29 ficheiros en 3 páxina(s) 2