Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - LINGUA E LITERATURA GALEGA
00_El_idolatra_de_Galicia.jpg
0. O Provincialismo12 vistasO provincialismo foi a primeira manifestación do galeguismo político. Naceu ao redor de 1840, ao remate da guerra carlista e o triunfo dos liberais, no seo do partido progresista, e rematou abruptamente co esmagamento do levantamento de Miguel Solís.

O provincialismo debe o seu nome á defensa da recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica preexistente á división provincial de 1833 que rematara co reino de Galicia.

"Nesa loita, sobre todo entre moderados e progresistas, na Galiza comeza a aflorar una corrente de pensamento diferenciada que xa non ten como referente político principal España senón Galiza.

Outro factor importante son as influencias intelectuais que proceden de Europa. Por exemplo, o historicismo alemán que dá moito valor ás características culturais dos diferentes pobos. Tamén o celtismo, que nace en Francia no século XVIII e que introduce na Galiza Verea e Aguiar.

Foi importante un grupo de estudantes universitarios liberais en Compostela, fundamentalmente, que se xuntan na Academia Literaria e reciben esas influencias europeas.

Politicamente son progresistas e empezan a pensar Galiza doutra maneira a través dunha prensa propia e participando tamén en política dentro da Xunta revolucionaria do Partido Progresista e no levantamento de Solís de 1846. Crean un novo sistema no que ten moito valor a obra de Antolín Faraldo. Todo isto desemboca no levantamento de 1846."
(Xusto Beramendi 2022)
mar 08, 2023
Pontedeume_antigo.jpg
Pontedeume13 vistasmar 08, 2023
Pontedeume-Torreon_dos_Andrade.jpg
Pontedeume. Torreón dos Andrade16 vistasmar 08, 2023
Antigo_Pazo_dos_Andrade~0.jpg
Pontedeume. Antigo Pazo dos Condes de Andrade14 vistasFoi levantado entre 1370 e 1380 por Fernán Pérez de Andrade e sufríu nos seus muros as revoltas Irmandiñas e os incendios dos séculos XVI e XVII, aos que sobrevivíu.

O Concello de Pontedeume mercouno en 1905 y en 1924 foi declarado Monumento Histórico-Artístico, o que non impediu que fose demolido en 1935 ante a desidia institucional.
mar 08, 2023
Antigo_Pazo_dos_Andrade.jpg
13 vistasmar 08, 2023
05_cartel_banquete_conxo.jpg
05. Cartel do Banquete de Conxo7 vistasEn 1856, coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral, ten lugar o Banquete de Conxo, tamén coñecido como o Banquete Democrático de Conxo, un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes que causou o terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela.

A xuntanza interclasista, na que os estudantes universitarios serviron aos traballadores nun xesto considerado subversivo, tivo lugar na carballeira de Conxo e contou coas intervencións destacadas duns novísimos Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal.

O banquete de Conxo converteuse nun acontecemento de grande importancia simbólica para o galeguismo e del xurdirá a xeración que vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.
mar 06, 2023
70_Enterro_de_Murguia_1923.jpg
70. Enterro de Manuel Murguía, 192313 vistasManuel Murguía foi despedido por unha multitude o 4 de febreiro de 1923. O historiador falecera dous días antes, o 2 de febreiro, na Coruña, a cidade na que viviu os últimos anos da súa vida e desde onde exercería a primeira presidencia da RAG, fundada no ano 1906.mar 05, 2023
65_murguia~0.jpg
65. Manuel Murguía12 vistasManuel Murguía (1833-1923)
Historiador, impulsor do Rexurdimento e creador da Real Academia Galega.
mar 05, 2023
04_padron.jpg
04. Padrón. A casa da rúa do Sol27 vistasCon catro anos de idade Rosalía de Castro está vivindo xa coa nai e a madriña en Padrón, segundo consta na documentación descuberta por Manuel Pérez Grueiro, bibliotecario do Concello de Neda (A Coruña).

Rosalía vive en Padrón nesta casa da rúa do Sol polo menos seis anos, entre 1841 e 1847.

Padrón era naquel tempo unha vila próspera, con tantos habitantes coma hoxe en día, preto dos nove mil, mentres que Pontevedra naquela altura rexistraba só 4.141 habitantes, Vigo 6.742 e Ourense 5.490. (María Xesús Lama, 2017)

Rosalía foi á escola en Padrón, que, a diferenza doutras vilas, xa tiña unha escola para nenas sufragada polo concello na que se impartían os estudos primarios ata os nove anos.

Aínda que se sabe que tivo problemas de saúde por un sarampelo mal curado, as lembranzas da infancia da poeta están cheas de ledicia.
mar 04, 2023
03_Teresa_de_Castro.jpeg
03. Tareixa de Castro, nai de Rosalía29 vistasDurante anos estendeuse a idea de que Rosalía fora criada pola familia paterna ante o abandono da nai. Transmitíusenos de Teresa de Castro unha imaxe de fidalga atemorizada e preocupada polas aparencias, que non coincide cos estudos máis recentes:

"Caso de que non fose xa bastante elocuente o feito de que decidise independizarse do núcleo familiar e vivir soa coa filla, a pesar das penurias económicas, figurando sempre como "cabeza de familia", o que lle outorgaba unha liberdade para rexer a súa vida e unha independencia de criterio para a educación da pequena moi diferente da doutras mulleres que permanecían na casa familiar baixo o acocho de pais ou irmáns." (María Xesús Lama 2017)
mar 04, 2023
12_pazo_de_arreten.jpg
12. Pazo de Arretén16 vistasEn 1862, o ano da morte da nai da poeta, don José María de Castro, tío de Rosalía e dono do Pazo de Arretén, socorreraa vendendo doce ferrados de maínzo.

O Pazo de Arretén, na parroquia de Iria, foi propiedade dos Castro até a morte do tío materno de Rosalía, don José María de Castro. Aquí pasará a autora diversas tempadas.
mar 04, 2023
17_Santuario_da_Virxe_da_Barca.jpg
17. Santuario da Virxe da Barca en Muxía14 vistas
«Nosa señora da Barca
Ten o tellado de pedra;
Ben ó pudera ter d' ouro
Miña Virxe si quixera.»


I.

Canta xente... canta xente
Por campiñas, e por veigas!
Canta pó lo mar abaixo
Ven camiño da ribeira!
Que lanchas tan ben portadas
Con aparellos de festa!
Que botes tan feituquiños,
Con tan feituquiñas velas!
Todos cargadiños veñen
De xentiña forasteira,
E de rapazas bonitas
Cura de tódalas penas.
Cantos dengues encarnados!
Cantas sintas amarelas!
Cantas cofias pranchadiñas
Dende lonxe relumbrean,
Cal si fosen neve pura,
Cal froles da primadera!
Canta maxesa nos homes,
Canta brancura nas nenas!
Y eles semellan gallardos
Pinos qu' os montes ourean,
Y elas cogolliños novos
C' orballo da mañan fresca.
(...)

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, 1863
mar 04, 2023
750 ficheiros en 63 páxina(s) 1