Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - A emigración galega e a súa contribución ao Rexurdimento
09_Cuba~0.jpg
09 As plantacións en Cuba327 vistasAs plantacións en Cuba nutriranse de escravos até a abolición da escravitude. A partir dese momento os escravos serán substituídos por man de obra barata, demanda satisfeita pola inmigración procedente de Europa (maioritariamente emigrantes galegos).

mai 31, 2007
01_Bela_Otero_1.jpg
01 A Bela Otero320 vistasAgustina del Carmen Otero Iglesias naceu no concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finou na cidade francesa de Niza o 12 de abril de 1965.

Foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega afincada en Francia e unha das personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.

Facíase chamar Carolina Otero e, malia á súa orixe galega, sostivo toda a súa vida que era unha xitana de Cádiz.
mai 31, 2007
04_Emigrantes_marchando~0.jpg
04 Saída de emigrantes desde o porto da Coruña282 vistasmai 31, 2007
08_Agardando_emigrantes_nunha_dársena_da_Habana~0.jpg
08 Agardando emigrantes nun porto da Habana287 vistasmai 31, 2007
10_Centro_da_Habana~0.jpg
10 Centro Galego da Habana318 vistasAínda que o edificio foi rematado en 1913, o Centro Galego da Habana procede do século XIX.

A súa creación comezou a cristalizar o 23 de novembro de 1879. Un grupo de emigrantes galegos entusiastas reuniuse no Teatro Tacón (máis tarde Teatro Nacional e hoxe Teatro García Lorca) e acordaron constituír unha sociedade que chamarían CENTRO GALEGO, SOCIEDADE DE INSTRUCCIÓN E RECREO.
mai 31, 2007
     
29 ficheiros en 3 páxina(s) 3