Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - A emigración galega e a súa contribución ao Rexurdimento
07_emigracion-galega.jpg
07. Emigrantes174 vistasxul 18, 2012
16_himno.JPG
16 O himno galego soou por primeira vez na Habana208 vistasEstreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual cá bandeira de Galicia, é froito da emigración.xul 23, 2010
11_Follas_Novas.jpg
11 Follas Novas foi editada na Habana por primeira vez200 vistasEn 1880 ve a luz o segundo poemario en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado pola editorial La Propaganda Literaria na Habana.xul 23, 2010
12_bandeira_naval_da_corunha.jpg
12 Bandeira naval da Coruña antes de perder un dos seus brazos diagonais213 vistasOrixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André".

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Os emigrantes que partían nos barcos para América desde A Coruña vían esta bandeira e identificábana coa bandeira de Galicia, facéndoa ondear primeiro en La Habana e logo en Galicia.
xul 23, 2010
13_panteon_galegos_ilustres_1891.JPG
13 Panteón dos Galegos Ilustres248 vistasCo traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en 1891 inaugúrase o Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago.

Dado que non había nin lápida nin cruz na tumba de Rosalía, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina, comezou unha mobilización de desagravio en La Habana canalizada pola Liga Gallega en 1891 para o traslado dos seus restos de Adina a San Domingos de Bonaval.
xul 23, 2010
15_RAG_1904.jpg
15 A RAG nace na Habana243 vistasAínda que foi inaugurada o 30 de setembro de 1906 na Coruña, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración, como sinala o historiador Ramón Vilar Ponte e como se recolle na web da propia RAG. xul 23, 2010
14_panteon_de_Carral.jpg
14 Panteón aos mártires de Carral245 vistasMonumento en homenaxe aos chamados mártires de Carral, mártires da Revolución do 46, inaugurado en 1904.

Este panteón realizouse por iniciativa da Liga Gallega cos cartos dos emigrantes.
xul 23, 2010
02_contratacion_para_a_sega_1.jpg
02 Agardando para ir á sega a Castela167 vistasA oficina de contratación de labregas e labregos para ir á sega a Castela estaba na Coruña na praza de Pontevedra.xul 23, 2010
03_contratacion_para_a_sega_2.jpg
03 Agardando para ir á sega a Castela164 vistasA contratación de labregas e labregos para ir á sega a Castela facíase na Coruña na praza de Pontevedra.xul 23, 2010
05_barco_emigrantes.jpg
05 Barco de emigrantes171 vistasxul 23, 2010
06_emigrantes.jpg
06 Emigrantes nunha travesía marítima171 vistasxul 23, 2010
estas-tomino.jpg
Escola de indianos de Estás, Tomiño286 vistasEstás, Tomiño (Pontevedra). Edificio escolar promovido pola Fundación Peirópolis, desde o Brasil, baixo a patrocinio do filántropo Abdón Alonso. Inaugurado en 1935.mai 01, 2008
29 ficheiros en 3 páxina(s) 1