Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Home :: Iniciar sesión
Ir á web :: Albums :: Últimos envíos :: Últimos comentarios :: Máis Vistos :: Fotos Mellor Cualificadas :: Os meus Favoritos :: Procurar

Inicio > LINGUA E LITERATURA GALEGA > III. Rexurdimento > 1. Galiza no século XIX > A emigración galega e a súa contribución ao Rexurdimento

TÍTULO  +   - 
NOME DO ARQUIVO  +   - 
DATA  +   - 
POSICION  +   - 
13_panteon_galegos_ilustres_1891.JPG
13 Panteón dos Galegos Ilustres69 visualizaciónsCo traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en 1891 inaugúrase o Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago.

Dado que non había nin lápida nin cruz na tumba de Rosalía, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina, comezou unha mobilización de desagravio en La Habana canalizada pola Liga Gallega en 1891 para o traslado dos seus restos de Adina a San Domingos de Bonaval.
14_panteon_de_Carral.jpg
14 Panteón aos mártires de Carral73 visualizaciónsMonumento en homenaxe aos chamados mártires de Carral, mártires da Revolución do 46, inaugurado en 1904.

Este panteón realizouse por iniciativa da Liga Gallega cos cartos dos emigrantes.
15_RAG_1904.jpg
15 A RAG nace na Habana74 visualizaciónsAínda que foi inaugurada o 30 de setembro de 1906 na Coruña, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración, como sinala o historiador Ramón Vilar Ponte e como se recolle na web da propia RAG.
16_himno.JPG
16 O himno galego soou por primeira vez na Habana59 visualizaciónsEstreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual cá bandeira de Galicia, é froito da emigración.
a-guarda.jpg
Escola de indianos da Guarda185 visualizaciónsA Guarda (Pontevedra). Colexio “San José”, levantado pola benfeitora Vicenta Cachadas en 1894 mercé a un legado procedente de Porto Rico.
cabo-viveiro.jpg
Escola de indianos de Cabo, Viveiro161 visualizaciónsCampo de Cabo, San Pantaleón de Cabanas, Ourol (Lugo). Modesta escola sostida pola sociedade “Vivero y su Comarca” formada por emigrantes residentes en La Habana.
cee.jpg
Escola de indianos de Cee159 visualizaciónsCée (A Coruña). Colexio-Instituto de Santa María, promovido polo filántropo Fernando Blanco de Lema desde Cuba, inaugurado en 1886.
cervas.jpg
Escola de indianos de Cervás158 visualizaciónsCervás, Ares (A Coruña). Edificio escolar levantado en 1925 pola sociedade “Centro de Instrucción, Protección y Recreo de Cervás”, formado por emigrantes radicados nos Estados Unidos.
estas-tomino.jpg
Escola de indianos de Estás, Tomiño146 visualizaciónsEstás, Tomiño (Pontevedra). Edificio escolar promovido pola Fundación Peirópolis, desde o Brasil, baixo a patrocinio do filántropo Abdón Alonso. Inaugurado en 1935.
negreira.jpg
Escola de indianos de Negreira147 visualizaciónsCobas, Negreira (A Coruña). Grupo escolar construído pola sociedade Unión Barcalesa, desde A Habana, inaugurado en 1922.
padrons.jpg
Escola de indianos de Padróns141 visualizaciónsPadróns, Ponteareas (Pontevedra). Escolas e local sindical promovido polos irmáns Generoso e José Benito Barcia Boente, emigrados a Iquitos, Perú. Este edificio foi inaugurado en 1915.
san-adrian-ortigueira.jpg
Escola de indianos de San Adrián, Ortigueira139 visualizaciónsSan Adrián, Ortigueira (A Coruña). Grupo escolar que a “Sociedad de Instrucción San Adrián” levantou naquela parroquia en 1912.
29 arquivos de 3 páxina(s) 2