Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


01_Bela_Otero_1.jpg
01 A Bela Otero320 vistasAgustina del Carmen Otero Iglesias naceu no concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finou na cidade francesa de Niza o 12 de abril de 1965.

Foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega afincada en Francia e unha das personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.

Facíase chamar Carolina Otero e, malia á súa orixe galega, sostivo toda a súa vida que era unha xitana de Cádiz.
02_contratacion_para_a_sega_1.jpg
02 Agardando para ir á sega a Castela167 vistasA oficina de contratación de labregas e labregos para ir á sega a Castela estaba na Coruña na praza de Pontevedra.
03_contratacion_para_a_sega_2.jpg
03 Agardando para ir á sega a Castela164 vistasA contratación de labregas e labregos para ir á sega a Castela facíase na Coruña na praza de Pontevedra.
04_Emigrantes_marchando~0.jpg
04 Saída de emigrantes desde o porto da Coruña282 vistas
05_barco_emigrantes.jpg
05 Barco de emigrantes171 vistas
06_emigrantes.jpg
06 Emigrantes nunha travesía marítima170 vistas
07_emigracion-galega.jpg
07. Emigrantes174 vistas
08_Agardando_emigrantes_nunha_dársena_da_Habana~0.jpg
08 Agardando emigrantes nun porto da Habana287 vistas
09_Cuba~0.jpg
09 As plantacións en Cuba327 vistasAs plantacións en Cuba nutriranse de escravos até a abolición da escravitude. A partir dese momento os escravos serán substituídos por man de obra barata, demanda satisfeita pola inmigración procedente de Europa (maioritariamente emigrantes galegos).

10_Centro_da_Habana~0.jpg
10 Centro Galego da Habana318 vistasAínda que o edificio foi rematado en 1913, o Centro Galego da Habana procede do século XIX.

A súa creación comezou a cristalizar o 23 de novembro de 1879. Un grupo de emigrantes galegos entusiastas reuniuse no Teatro Tacón (máis tarde Teatro Nacional e hoxe Teatro García Lorca) e acordaron constituír unha sociedade que chamarían CENTRO GALEGO, SOCIEDADE DE INSTRUCCIÓN E RECREO.
11_Follas_Novas.jpg
11 Follas Novas foi editada na Habana por primeira vez200 vistasEn 1880 ve a luz o segundo poemario en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado pola editorial La Propaganda Literaria na Habana.
12_bandeira_naval_da_corunha.jpg
12 Bandeira naval da Coruña antes de perder un dos seus brazos diagonais213 vistasOrixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André".

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Os emigrantes que partían nos barcos para América desde A Coruña vían esta bandeira e identificábana coa bandeira de Galicia, facéndoa ondear primeiro en La Habana e logo en Galicia.
29 ficheiros en 3 páxina(s) 1