Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

0. O Provincialismo
O provincialismo foi a primeira manifestación  do galeguismo político. Naceu ao redor de 1840, ao remate da guerra carlista e o triunfo dos liberais, no seo do partido progresista,  e rematou abruptamente co esmagamento do levantamento de Miguel Solís.

O provincialismo debe o seu nome á defensa da recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica preexistente á división provincial de 1833 que rematara co reino de Galicia.

"Nesa loita, sobre todo entre moderados e progresistas, na Galiza comeza a aflorar una corrente de pensamento diferenciada que xa non ten como referente político principal España senón Galiza.

Outro factor importante son as influencias intelectuais que proceden de Europa. Por exemplo, o historicismo alemán que dá moito valor ás características culturais dos diferentes pobos. Tamén o celtismo, que nace en Francia no século XVIII e que introduce na Galiza Verea e Aguiar.

Foi importante un grupo de estudantes universitarios liberais en Compostela, fundamentalmente, que se xuntan na Academia Literaria e reciben esas influencias europeas.

Politicamente son progresistas e empezan a pensar Galiza doutra maneira a través dunha prensa propia e participando tamén en política dentro da Xunta revolucionaria do Partido Progresista e no levantamento de Solís de 1846.  Crean un novo sistema no que ten moito valor a obra de Antolín Faraldo. Todo isto desemboca no levantamento de 1846." 
(Xusto Beramendi 2022)

07_1931-04-26_HomenaxeSEstevoPaleougris.jpg 08_1931-04-26_DiscursoLugris_HomenaxeMartiresCarral__no_85_aniversario.jpg 10_Homenaxe175Aniversario.jpg 00_El_idolatra_de_Galicia.jpg 05_cartel_banquete_conxo.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)