Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

05. Cartel do Banquete de Conxo
En 1856, coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral, ten lugar o Banquete de Conxo, tamén coñecido como o Banquete Democrático de Conxo, un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes que causou o terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela.

A xuntanza  interclasista, na que os estudantes universitarios serviron aos traballadores  nun xesto considerado subversivo, tivo lugar na carballeira de Conxo e contou coas intervencións destacadas duns novísimos Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal.

O banquete de Conxo converteuse nun acontecemento de grande importancia simbólica para o galeguismo e del xurdirá a xeración que vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.

07_1931-04-26_HomenaxeSEstevoPaleougris.jpg 08_1931-04-26_DiscursoLugris_HomenaxeMartiresCarral__no_85_aniversario.jpg 10_Homenaxe175Aniversario.jpg 00_El_idolatra_de_Galicia.jpg 05_cartel_banquete_conxo.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)