03. Miguel Solís (San Fernando, Cádiz 1816 - Carral 1846)
O coronel Miguel Solís Cuetos encabezou un levantamento liberal en 1846, ó mando do Segundo Rexemento de Zamora. A este pronunciamento sumáronse tropas de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra.
O 23 de abril, na batalla de Cacheiras, Solís foi derrotado polas tropas de José Gutiérrez de la Concha.
Foi xulgado en Carrral nun xuízo sumarísimo. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.