IES As Fontiñas

Galería de imaxes


Excursión a Mallorca: Zona vella de Palma


PALMA-LEO_(202).JPG

O segundo día, de mañanciña, collemos a nosa querida lata de sardiñas L23 S'Arenal-Palma, baixamos na Plaça de la Porta del Camp e fixemos unha xira en mallorquí pola zona vella de Palma: as rúas estreitas, os balcóns modernistas, os famosos patios, os letreiros co «artigo salgado», o Convent de Santa Clara, a muralla dende dentro e enriba, a Catedral, o Concello coa bandeira LGTBI do Día do Orgullo, a Plaça Major, os postos de artesanía... e a nosa queridísima latiña de zamburiñas L23 de volta para S'Arenal.

13 ficheiros, último engadido a ago 23, 2018
Álbum visto 2 veces

Excursión a Mallorca: Banys Árabs


PALMA-LEO_(184).JPG

Pero antes, os Banys Àrabs, os baños árabes en pé dende o século XI, co seu fermoso xardín de Can Fontirroig. Son un dos poucos restos de arquitectura islámica conservados na illa, que lle debe o seu nome, Mallorca, de Madina Mayurqa, o antigo nome de Palma, a Al-Andalus. Mantense a sala central de planta cadrada, cuberta cunha cúpula semiesférica de ladrillos con lumieiras e sostida por 12 columnas con arcos de ferradura, destinada aos baños quentes, para o que dispuña dun dobre chan con ocos por onde circulaba a agua e o vapor. Tamén se conserva unha sala anexa rectangular cuberta con bóveda de canón.

5 ficheiros, último engadido a ago 23, 2018
Álbum visto 0 veces

Excursión a Mallorca: Coves dels Hams i del Drach


PALMA-LEO_(229).JPG

O teceiro día dedicámosllo ás famosísimas Coves de Mallorca, nunha excursión con guía pagada polo instituto en que ademais puidemos gozar da fábrica de perlas, as explicacións sobre a fisionomía do terreo mallorquí, Manacor e a escola de Rafa Nadal, os diversos muíños antigos e recentes, e, como non, cantar a rianxeira para o gozo dos/as seareiros/as e camareiros/as do MacDonalds de Porto Cristo e os/as viaxeiros/as do bus.

11 ficheiros, último engadido a ago 23, 2018
Álbum visto 0 veces

Excursión a Mallorca: AQUALAND


PALMA-LEO_(52).JPG

4 ficheiros, último engadido a set 03, 2018
Álbum visto 1 veces

Excursión a Mallorca: Almudaina e barrio xudeo


PALMA-LEO_(256).JPG

13 ficheiros, último engadido a set 03, 2018
Álbum visto 5 veces

Excursión Mallorca: Valldemossa e estación do ferrocarril


PALMA-LEO_(108).jpg

33 ficheiros, último engadido a set 12, 2018
Álbum visto 2 veces

Excursión Mallorca: Praia S'Arenal


PALMA-LEO_(152).jpg

22 ficheiros, último engadido a out 09, 2018
Álbum visto 3 veces

Excursión Mallorca: Fundació Pilar e Joan Miró e Xardín Botánico de Marivent


PALMA-LEO_(166).jpg

15 ficheiros, último engadido a out 16, 2018
Álbum visto 1 veces

32 álbums en 3 páxina(s) 3