Presentación

 Inicio

     O Instituto de Ensino Secundario " A PARALAIA " de Moaña (antes chamado Instituto de Formación Profesional), foi construído no ano 1980, e dende entón veu a dar formación ás promocións de técnicos.

     Cando se creou, impartíase Formación Profesional de primeiro grao nas ramas de administrativo e metal. Posteriormente estas ensinanzas fóronse ampliando ao 2º grao destas ramas e ampliouse a oferta coa incorporación da rama de electricidade tanto en primeiro como en segundo grao.

     Durante todos estos anos, o centro sufriu varias ampliacións debido ao aumento das necesidades educativas da comarca, e ao cumprimento da normativa respecto aos espazos necesarios para a imparticióndas ensinanzas.

     Na actualidade e debido á incorporación das novas ensinanzas derivadas da aplicación da LOE, impártese: ESO, bacharelato (Tecnolóxico e Humanidades), Ciclos formativos de grao medio e superior, e Formación Profesional Básica (FPB) e tamén Formación de Adultos.

 

VIDEO 

PRESENTACIÓN

 Inicio