Skip to Content

PROGRAMA ATRÉVETE: VISITA Á FUNDACIÓN CEL E AMSLAB

 

Venres 4  de marzo 9:15 - 14:00

O venres 4 de marzo de 2022,realizamos, cos alumnos de Educación Financeira de 2º ESO, unha visita á Fundación CEL e á empresa ASMlab, dentro do porgrama Atrévete da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Percorremos as instalacións do Centro de Iniciativas Empresariais e os alumnos tiveron ademais a oportunidade de charlar con emprendedores que desenvolven as súas iniciativas nesas instalacións, como os promotores de 3edata ou as emprendedoras de Inside Out English Centre. Posteriormente fomos ás instalacións de ASMlab, empresa líder no mercado de control de calidade. Vimos os distintos laboratorios e seccións da empresa: Ams food, Ams fashion, Ams vet e Ams biopharma.

Moitas grazas a todos por adicarnos tempo e ensinarnos as súas funcións e instalacións.

Enlace da noticia na páxina da Fundación CEL

   
   

Aprenderon moitas cousas e distintas ás que se ven nas clases no instituto. Agora coñecen un pouco mellor a actividade empresarial da contorna, un dos organismos que axuda a potenciala (Fundación CEL) e unha empresa lucense con relevancia a nivel europeo (AMSlab).

LECTURAS DE VERÁN EN BOOKTRAILER

O alumnado de 3º ESO realizou como actividade final do curso en Lingua Castelá e Literatura uns vídeos para presentar as súa particular visión das obras que leron. Estes booktrailer sobre obras clásicas son: La visita del inspector de J.B. Priestley feito por Uxía Deiros e Jennifer García de 3º ESO A: Emma de Jane Austen por Delia Gómez e Mariña Molinos e Diez negritos de Agatha Christie, obra da que temos dous traballos: o de Desirée Blanco e Paula Mallo de 3º ESO C e o de Carla Rodríguez e Carla Veiga de 3º ESO D.

Animádevos a ler estas obras no verán.

Exposición Boix e Mauthausen

EXPOSICIÓN BOIX, fotógrafo de Mauthausen.

Existe un descoñecemento xeneralizado da realidade de españois e galegos nos campos de concentración e de exterminio nazi.Escapando da represión franquista, exiliáronse a Francia e sorprendeulles a Segunda Guerra Mundial. Foron vítimas da represión nazi e,ademais, do seu esquecemento en España e Galiza.

Coa colaboracion da ARMH( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica)o Departamento de Historia mostrou entre os días 10 e 26 de maio a Exposición: Boix, fotógrafo de Mauthausen,para así intentar emendar a desmemoria e a impunidade que existe no Estado español co fascismo e mostrar que hai fendas que aínda están abertas, por moito que se intente ignoralas.

O ramo á exposición foi posto cunha interesante charla sobre o tema aos alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo, ao cargo de J.M. López Tuñas e J.L. Alamán (voluntarios da ARMH), acto que serviu á vez de recoñecemento de quen loita contra o silencio.

Álbum: Curso 2021/22 -> Exposición Boix

Visita a SOTAVENTO

LEMBRANDO A FOLE: Mosaico

LIGA MAKER DRON

Mural

Biblioteca de igualdade de xénero

Na nosa biblioteca temos unha sección especial para a Igualdade de Xénero. Na seguinte presentación podedes ver os libros cos que contamos. Iremos incorporando novas adquisicións. Animádevos a visitarnos!

Visita á Escola Ramón Falcón

O alumnado de 4º ESO de EPVA visitou na mañá do 2 de maio a EASD Ramón Falcón de Lugo. Descubrimos outros mundos cheos de posibilidades, de xente linda e de espazos que son unha "fantasía". A enerxía creativa que alí habita pulsa en algún de nós a ilusión de voltar para quedarse.

Grazas pola acollida

Álbum: Curso 2021/22 -> Visita Esc Artes Ramon Falcon

Obradoiro de portugués

O Luns 2 de Maio o grupo de 4° ESO C realizou unha actividade desenvolta pola Asociación Galega da Lingua e patrocinada pola vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo. Trátase de un achegamento práctico ao portugués e a cultura lusófona.

Distribuir contido


by Dr. Radut