Do 18 ao 24 de xuño o alumnado de 4º ESO pasou unha semana no Delta do Ebro. Alí aproveitaron para realizar actividades deportivas: piragüísmo, vela, barranquismo, ciclismo..., pero por riba de todo gozaron duns días de convivencia. Un merecido premio para o remate dunha etapa máis.
172 ficheiros, último engadido a set 24, 2017 Álbum visto 49 veces
Os días 12 e 19 do mes de xuño o alumnado de 2º curso da ESO disfrutaron dunha xornada de piragüismo en Bouzas organizada polo departamento de Educación Física, coa participación do clube Kayak Vigo.
125 ficheiros, último engadido a xun 26, 2017 Álbum visto 41 veces
O pasado 4 de maio, 59 alumnos e alumnas dos catro cursos do ESO puxeron a proba os seus coñecementos da lingua e cultura anglosaxona participando no BIG CHALLENGE 2017.
28 ficheiros, último engadido a xun 14, 2017 Álbum visto 53 veces
O alumnado de 1º de Bac. acompañados polas profesoras Teresa Crespo e Rosa ambiage, visitou o campus universitario de Vigo, concretamente á Escola de Inxeniería Industrial.
37 ficheiros, último engadido a xun 05, 2017 Álbum visto 16 veces
Xuntanza dos Clubs de Manga no noso instituto
Clubs participantes: IES Alexandre Bóveda; As Barxas e A Paralaia de Moaña; Escolas Proval de Nigrán; IES San Paio de Tui e Ricardo Mella de Vigo.
68 ficheiros, último engadido a mai 16, 2017 Álbum visto 23 veces
O alumnado de 3º ESO acompañados por profesores do centro, visitaron os Museos Científicos Coruñeses. Puideron aprender mentres se divertían grazas a interesantes actividades interactivas na Domus e na Casa das Ciencias. Asistiron tamén a unha proxección en 3D ( “Pequenos Xigantes”).
11 ficheiros, último engadido a xan 26, 2017 Álbum visto 38 veces
Imaxes da actividade realizada polos alumnos-as de 1º Bac. de Tecnoloxía Industrial sobre materiais intelixentes: o nitrinol (material biocompatible utilizado como stent), sulfato de cobre…
13 ficheiros, último engadido a feb 22, 2017 Álbum visto 18 veces