Cursos dispoñíbeis

O obxectivo principal do curso é reflexionar sobre o proceso de ensino-aprendizaxe na ESAD de Galicia a través dun recurso didáctico: as tiras de Quino sobre Mafalda na escola. O modelo de sistema educativo da ESADG, a vinculación da escola coa realidade do estudante, o sentido da escola, a practicidade dos seus contidos, os roles nos procesos pedagóxicos, o papel das novas plataformas de transmisión de saberes.






Neste curso achegarémonos a distintas ferramentas da interpretación do século XX. Abordaremos diferentes técnicas de pedagogos que deixaron unha fonda pegada na arte actoral. 


https://www.edu.xunta.gal/centros/esadgalicia/aulavirtual/course/view.php?id=111

Preme aqui se QUERES entrar no curso.

Preme aqui se NOM QUERES entrar no curso.

Accédese a este curso facendo clic aquí

Principios teóricos e dimensión práctica da comunicación escénica e audiovisual no ámbito da interpretación. Estudo práctico dos principios da linguaxe escénica e audiovisual. Análise práctica da creación escénica e audiovisual como fenómenos comunicativos: aspectos antropolóxicos e sociolóxicos. Análise práctica de espectáculos e procesos metodolóxicos da crítica.

Curso para  actualizacion de ferramentas tecnolóxicas para docentes.

Curso na Rede.

O obxectivo principal é dotar ao profesorado coas competencias e coñecementos básicos para poder organizar e xestionar de xeito básico un curso na aula virtual do centro e adquirir o dominio básico da Plataforma Cisco Webex.

Principios xerais da escenificación. Estudo da concepción, desenvolvemento e evolución do espectáculo. Análise da situación, do personaxe e da escena. Creación e análise do texto espectacular.

Exploración práctica da narratividade espectacular a partir da organización dos materiais escénicos. Adecuación da elección dos elementos de significación aos obxectivos da posta en escena. Coñecemento e experimentación da complexidade do proceso creativo. Valoración e crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado.

Aplicación das técnicas dos sistemas de interpretación na dirección de actores/actrices na escena. Análise e concepción da situación e do personaxe. Interacción do/da actor/actriz no espazo e no tempo co resto de linguaxes escénicas. Concepción e análise do movemento escénico. Posición, desprazamento, ritmo e coreografía.

Proxección do traballo dramatúrxico na posta en escena. Elementos de creación escénica. Principios estéticos, éticos e humanísticos de diversos métodos e escolas de escenificación: tradicións, tendencias e creadores. Metodoloxías e técnicas da dirección escénica.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento  histórico en que se crearon ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especifidade das competencias do perfil profesional do director ou dramaturgo.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especifidade das competencias do perfil profesional do director ou dramaturgo.

Análise da escenificación nas diversas formas espectaculares, incluído o espectáculo audiovisual. Diferentes linguaxes e disciplinas artísticas para a creación escénica interdisciplinar.

DEBUXO TÉCNICO I

Benvidos ao curso de Debuxo Técnico I no que estudaremos os instrumentais do debuxo técnico, os principios xerais das técnicas de representación técnicas e as representacións técnicas básicas.

Coñecemento teórico-práctico na aplicación dos medios técnicos e tecnolóxicos nunca proposta escénica. Posibilidades estéticas da tecnoloxía aplicada á maquinaria e á imaxe escénicas.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da escenógrafo/a.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, á forma e ao xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da escenógrafo/a.

                      

Coñecemento e utilización dos procesos produtivos e construtivos.

Comprensión dos procesos, elementos e procedementos técnicos.

Apreciación da dimensión estética e os límites convencionais de

procedementos e elementos técnicos e construtivos.

Práctica do proceso completo de creación e construción escenográfica para un
espectáculo, dende a concepción ata a representación, integrando os saberes e
procedementos adquiridos durante toda a carreira. Valoración e crítica do resultado
obtido e do método de traballo utilizado

Bases para a comunicación de palabra e emoción.


Corazón colorido con las notas musicales
© Helder Sousa

Adquirir coñecementos sobre os principios musicais e os elementos de ortografía musical, entoación, afinación, ritmo, tempo, etc.

Iniciación aos códigos de escritura e letura musical, encamiñados á comprensión, interpretación e creación musical.


Emprego dos recursos técnicos de expresión na creación escénica a partir das linguaxes corporais.

rehearse

Bethany Costellorehearse”  © 2016 StudyBlue Inc. All rights reserved

Aplicar todos os coñecementos adquiridos durante o curso, sobre os elementos de ortografía musical, entoación, afinación, ritmo, tempo e atopar un equilibrio sonoro entre os diferentes elementos que utilizaran para expresar a través da voz e dos instrumentos de percusión escolar.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da intérprete.

Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da intérprete.

Análise e estudo sistemático, nunha perspectiva práctica e teórica, da técnica actoral, dos procedimientos e recursos expresivos e dos procesos psicofísicos do/da actor/actriz.

Análise e estudo sistemático, nunha perspectiva práctica e teórica, da técnica actoral, dos procedementos e recursos expresivos e dos procesos psicofísicos do/da actor/actriz.

Baptiste en Les Enfants du Paradis

Produndizo en facer visible o invisible mediante o silencio corporal e o movemento consciente no espazo e no ritmo.

Mulleres e homes CONSTRUIMONOS xunt@s neste espazo

Traballo con autonomía, responsabilidade e compromiso como creador/a ao servizo dun traballo escénico en equipo de interpretación xestual.

Para rematar o percorrido vos enfrentades á creación escénica dun espectáculo dentro do contexto que vos escolledes: a soas, en grupo, integrados con alumnas/os doutras disciplinas. Un reto como artistas no que ides plasmar todo aquelo que levades vivenciado e integrado nestes catro anos de estudos na Esad de Galicia. Neste espazo compartiremos referentes, dubidas e todo aquelo que necesitemos.

Aplicación de técnicas dos sistemas de interpretación na dirección actoral. Análise e concepción da situación e do personaxe. Interacción actoral no espazo e no tempo co resto de linguaxes escénicas.

Principios xerais da escenificación. Análise da situación, do personaxe e da escena. Creación e análise do texto espectacular.