Matricula
Matrícula ESA (Ensino secundario)
O ensino secundario para adultos ESA, está dividido en 4 módulos repartidos en cuadrimestres durante dous anos académicos, as materias distribúense por ámbitos de coñecemento: Ámbito Científico Tecnolóxico, Ámbito de Comunicación e Ámbito Social, cada un dos módulos é equivalente a un curso da ESO ordinaria. Para superar un dos módulos o alumno ten que superar os 3 ámbitos do módulo correspondente.
Na EPAPU Río Lérez ofértase en dúas modalidades:
Presencial: Distribúese nun total de 20 horas lectivas ao longo da semá, e na quenda de mañá ou de tarde, son de asistencia obrigatoria, e podes cursar os modulos 1 e 3 durante o primeiro cuadrimestre e 2º e 4º durante o segundo.
Semipresencial: Tes 2 horas dos ámbitos Científico tecnolóxico e de Comunicación e 1 hora do de Social a semá. Ademáis dispos de unha hora de titoria a semá onde podes consultar dudas ben telefónicamente ou ben de forma presencial. Tamén en quenda de mañá ou de tarde e podes cursar calquera dos catro módulos en calquera dos cuadrimestre.
Podes ver o calendario do curso na sección "calendarios"
Matrícula:
Prazos:
Presencial: do 1 de setembro ata o 8 de setembro.
Semipresencial: A partir do 11 de setembro e ata primeiros de novembro se queres facer os primeiros parciais.
Documentación:
- Sobre de matrícula a adquirir na conserxería do Centro.
- Certificación académica do último curso cursado.
- Fotocopia do DNI ou documento identificativo.
- Tarxeta sanitaria.