CALENDARIO EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º DE BACHARELATO
Picar no enlace para ver o horario dos exames.
Os exames son todos nunha única quenda para todos os alumnos de 2º de bacharelato (materias de 2º ou que teñan matérias pendentes de 1º) da mañá ou da tarde.
Os alumnos con Relixión suspensa terán que contactar directamente coa profesora.
Os exames realizaranse na aula 12 agás nos casos indicados.
EXAMES DE COINCIDENCIAS:
No caso de que vos coincida o exame dunha materia pendente de 1º co de unha materia de 2º, teredes que facer o exame da materia pendente de 1º no horario indicado e anotarse na folla de coincidencias (antes do venres 7 de xuño) que estará na conserxería para facer o exame de 2º no horario que se publicará o martes 11 de xuño.
PUBLICACIÓN DE NOTAS: Luns 17 ás 11:00 horas.
REVISIÓN DE EXAMES: Luns 17
Quenda da mañá: De 11:10 a 12:50 horas.
Quenda de tarde: De 17:50 a 19:30 horas.
RECLAMACIÓNS: 17 e 18 en horario de secretaría.
O Xefe de Estudos
Pontevedra, 03-VI-24
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartel alumnos EXAMES 2º Bacharelato.pdf | 48.21 KB |