Cursos anuais
A duración de cada curso nos distintos niveis será de 120 horas ao longo do curso académico. Os grupos correspondentes a estes cursos teñen unha carga lectiva de 4 horas semanais, distribuídas, con carácter xeral, en dúas sesións lectivas semanais de 2 horas cada unha, preferentemente en días alternos
Cursos semipresenciais
Modalidade semipresencial C1.1 de italiano,C1 de francés e inglés e C2 de inglés. As 120 horas de duración destes cursos distribúense en 60 horas de ensinanza presencial e 60 horas de ensinanza en liña. A organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade semipresencial conta coa autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Cursos de competencias
A EOI de Ribadeo oferta cursos de competencia xeral que inclúen as actividades de comprensión de textos orais e escritos, de produción e coprodución de textos orais e escritos e de mediación para cada nivel, ou por competencias parciais correspondentes a unha ou máis das ditas actividades de lingua.
Cursos para traballadores do sector da hostalaría e comercio
Cursos de inglés destinados a este colectivo profesional, de nivel A2 e B1. unha sesión semanal de dúas horas.
Curso preparatorio B2
Curso preparatorio para a proba de inglés nivel B2, convocatoria libre. Curso dirixido aqueles alumnos que se queran presentar por libre ás probas de inglés, nivel B2. O curso será de 30 horas de setembro á decembro.
Cursos CALC
Curso de formación dirixido ao profesorado en colaboración co Centro de Formación e Recursos(CFR). De 60 horas de duración, no segundo cuatrimestre de nivel B2.