Skip to Content

VACANTES 2024-25

As VACANTES para o curso 2024-25 na EEI de Verducido son as seguintes :

 

4º E.I: 13

5º E.I : 1

6º E.I :1

 

O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN : DO 1 AO 20 MARZO DE 2024

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR :

-Impreso solicitude cuberto e asinado polos dous proxenitores ( se é o caso )

-DNI do neno/a se o tivera.

-DNI proxenitores

-Libro de familia ou documento acreditativo da familia

-Fotocopia tarxeta sanitaria do alumno/a

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O prazo para a  solicitude de admisión será do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

CURSO DE FORMACIÓN : AS PRÁCTICAS RESTAURATIVAS NO EIDO EDUCATIVO

A mestra da EEI de Verducido asistiu ao curso de formación : Prácticas restaurativas no eido educativo.Aprendendo estratexias prácticas para construir relacións fortes e saudables.Impartido por Rafael Pérez no CFR de Pontevedra.

ATÓPANOS EN INSTAGRAM

Podedes atoparnos en Instagram como @escolaverducido

PLAN PROXECTA + ESCOLA VERDE

A escola está admitida no plan Proxecta+ ( Escola Verde ). A través da horta traballaremos o coidado da nosa contorna e do planeta, aprendendo a Reciclar, Reutilizar e Reducir.

 

XERACIÓN ECO

Formamos parte da Xeración Eco. Agora a polos retos !!

 

 

IMOS Á HORTA COAS FAMILIAS

 

Xa comezamos a horta en setembro. Cada venres visítanos a nosa veciña Nonón xunto un membro das familias e imos sementando. Xa temos físalis, romeu, aloe vera, caléndula, remolacha, acelga vermella.Empregamos a nosa propia compostaxe. Aprendemos a reciclar, reutilizar e aproveitar os recursos naturais.É moi enriquecedor.



COMEZO DO CURSO

O curso comeza fenomenal. O alumnado de 4º de E.Infantil adaptouse moi ben. É fermoso observar como coidan uns dos outros.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut