Sarria Concilia
Sarria Concilia curso 2024/25
Prazo de solicitudes do 19 ao 23 de agosto
consultade máis información aquí.
Podes consultar as bases e a ficha de inscrición nos enlaces adxuntos.
Ludoteca de Verán
Ludoteca de verán "Dende Sarria cara ó mundo" Sarriaconcilia
Prazo de presentación de solicitudes: dos 3 ao 7 de xuño
Visita este enlace para obter máis información:
https://www.sarria.gal/es/concello/goberno/actualidade/turismo-noticias/538-ludoteca-de-veran-dende-sarria-cara-o-mundo
Podedes consultar as bases da Ludoteca de verán e os Anexos para a inscrición nos documentos adxuntos
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA
Hoxe nos buzóns das aulas Xeliña deixounos unhas notas das actividades que vamos a facer ao longo desta semana.
Pinchade aquí para ver a entrada do blog!
https://biblioeeixelaarias.blogspot.com/2024/05/semana-das-letras-galegas-luisa-villalta.html
CONTAMOS CONTIÑOS CON CHARRAIRE
Hoxe contamos cunha artista moi especial, Charraire, que veu contarnos unha historia de cómo atrapar monstros, pasámolo en grande.
Gracias á editorial Edelvives por facer posible esta actividade.
Visitade o Instagram da escola para ver o vídeo!
ARTE NA BIBLIOTECA: PRIMAVERA
Coa chegada da primavera decidimos decorar a escola con murais cheos de flores, tomando como referencia o conto FLORES
e o xogo ¡A DIBUJAR! de Hervé Tullet.
Semana do Libro: Contos Cantados
Recibimos de novo correspondencia nos nosos buzóns, Xeliña enviounos unha invitación moi especial. Convidounos á biblioteca a ver as actuacións dos nenos e nenas de cinco anos.
Pinchade aquí para ver un vídeo das actuacións.
Semana do Libro: Instalación lectura - Xogo libre
Hoxe recibimos unha carta nos buzóns de Xeliña.
Quería invitarnos a unha actividade moi divertida que preparou nun espazo novo da biblioteca.
Pinchade aquí para ver máis
Semana do libro: Conto colaborativo
Durante varias semanas entre todas as nenas e nenos da escola fomos elaborando unha pequena historia titulada "A horta de Xeliña", entre todas e todos pensamos a historia e fixemos as ilustracións.
E hoxe, para comnmemorar o Día do libro, levamos o noso conto para a casa.
Xogamos co noso escornabot
Día Mundial da Concienciación do Autismo
Hoxe coñecemos a historia "Mi hermano Luca" na que unha nena descubre que o seu irmán maior ten superpoderes! E decide facer todo o posible para que os demais o vexan como ela o ve a el.
Fixemoslle a capa de superheroe a Luca e tamén pintamos e recortamos unha peza de puzzle para crear o mural.
Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos.
Reto trimestral: Arte e Sabor
Xeliña envíou unha invitación ás familias da escola para poder vir a visitar a exposición dos traballos que fixeron neste reto.
Mirade que obras de arte!!!
Cine: Valentina
Seguindo a temática do PDI deste curso "Arte en Xogo" quixemos realizar unha saída ao cine.
Eleximos a película de "Valentina", coincidindo coa semana na que se conmemora o Día Mundial do Sindrome de Down.
Desfrutamos moito da película e ata bailamos nos créditos finais lembrando o baile do festival de Nadal. Despois saímos a merendar ao parque.
Pasámolo en grande!
Pinchando na imaxe podedes ver un pequeno vídeo da saída.
Semana da Prensa: As Novas do Xela
Premede na imaxe para descubrir todo o que fixemos nesta semana...
Premede AQUÍ para ver o vídeo de como repartimos o nonso xornal!
Obradoiro de cociña: Revolto de champiñóns
Despois de moitos días de investigación o proxecto dos cogomelos chegou ao seu fin cunha receita deliciosa.
Convidamos ao alumnado da outra clase a probar o revolto de champiñóns
e eles ensináronnos o conto que crearon entre todos ao longo destas semanas.
Premede AQUÍ para ver o vídeo
Taller de manteis: Arte e Froita
Concidindo coa semana da froita na escola, decidimos cambiar o nosos manteis da merenda.
No buzón Xeliña apareceu unha foto de un artista, Romero Britto, e varias imaxes de cadros de froitas que fixo.
Estivemos mirando e falamos de cal era a nosa froita preferida e da importancia que teñen para crecer sans e fortes.
Despois escollemos o cadro da nosa froita preferida e puxémonos mans a obra.
Retratando a Rosalía de Castro
Este curso, relacionado co noso PDI: "Arte en xogo", buscamos 5 mulleres pintoras , unha para cada aula, e escollemos unha obra delas e fixemos unha adaptación coa imaxe de Rosalía de Castro.
Pinchade AQUÍ para ver a entrada do blogue
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Para conmemorar este día a nosa mascota Xeliña deixounos nos buzóns unha carta invitándonos á biblioteca a escoitar a unha gran amiga súa...
Pinchade AQUÍ para descubrir todo o que aconteceu ese día!
Semana de Entroido
Ao longo desta semana festexamos o entroido na nosa escola.
Pinchade AQUÍ para ver o que fixemos durante esta semana e a nosa festa de Entroido
Para nós a paz é...
A nosa mascota Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, "El Libro de la Paz" de Todd Parr. Reflexionamos sobre o que é a paz para nós, fixemos fotos representando as ideas que xurdiron e levamos para casa a nosa versión do libro. Tamén elaboramos un vídeo con esas imaxes, e deixamos un exemplar do conto na biblioteca! Seguro que a Xeliña lle encanta.
Premendo na imaxe podedes ver o vídeo que fixemos
Admisión curso 2024-25
Prazo de matrícula aberto do 1 ao 20 de marzo
Podedes descargar aquí o impreso para cubrilo e entregalo no centro:
Solicitude de admisión en galego.
Solicitud de admisión en castellano.