Skip to Content

Secretaría, Reserva de praza, Admisión alumnado

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ao 20 de marzo de 2024.

Documentación:

- Impreso de admisión cuberto: modelo ED550B (pódese cumplimentar e descargar da web ou ben recoller de xeito gratuito no centro)..

- Fotocopia dos DNI dos proxenitores, así como do alumno/a se dispón del.

- Fotocopia do libro de familia.

O impreso de admisión será entregado únicamente no centro escollido como primeira opción.

Aquelas familias que o desexen poden tramitar telemáticamente a solicitude de admisión na páxina ADMISIÓN ALUMNADO e asinala e entregala na SEDE ELECTRÓNICA

O P.E está a disposición da todas as familias na secretaría do centro para a súa consulta.

 

VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025

4º DE INFANTIL (3 anos): 20 prazas (17 + 3 para alumnado con neae).

5º DE INFANTIL(4 anos): 0 prazas.

6º DE INFANTIL (5 anos): 6 prazas.

 

HORARIO DO CENTRO E DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O horario do centro é de xornada única de 9 a 14h.

Servizo de madrugadores (07.30 a 9.00 horas).

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. ADMISIÓN 2024/25

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

De conformidade co Artigo 27, da Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado de 6º de infantil que inicia a etapa de Ed. Primaria.

O centro de adscrición da nosa escola é o CEIP ROSALÍA DE CASTRO.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos incluídos.

As solicitudes de reserva, en papel, serán entregadas na secretaría do noso centro.

Máis información no ficheiro adxunto

Todas aquelas familias que non opten por entregar a solicitude en papel na secretaría do noso centro, poderán facelo telemáticamente a través da aplicación admisión alumnado (clicar no enlace) e posteriormente rexistrala por Sede Electrónica (clicar no enlace).

Cuestións a ter en conta:

- Non é obrigatorio reservar praza no centro de adscrición. Aquelas familias que desexen elexir outro centro non poderán entregar a solicitude de reserva e deberán agardar ao mes de marzo para facer a solicitude a admisión no centro que escollan (ter en conta que a praza estará suxeita a existencia de vacantes dese centro para o curso en cuestión).

- Unha vez feita a reserva no centro de adscrición, esta é vinculante, polo que tan só se pode renunciar a ela ata o día anterior ao prazo de presentación ordinario de solicitudes de admisión (1-20 de marzo). De non facer renuncia neste tempo implicaría non poder participar no proceso ordinario de admisión. Se finalmente non quixesen matricularse nese centro terán que facer solicitude de escolarización fóra de prazo.

 

Calquera consulta no teléfono do centro: 982870460 ou no correo electrónico: eei.numero2.fingoi@edu.xunta.gal

 

SERVIZO MUNICIPAL DE MADRUGADORES

O vindeiro luns, 18 de setembro comeza o servizo municipal de madrugadores no noso centro, en horario de 7,30 a 9 horas.

Unha vez descargada a APP Colechef, deberedes rexistrarvos co código do centro: ESKRL0GI27 (en vermello o número 0).

Calqueira incidencia podedes contactar no e-mail: comedoreslugo@alimentacionsaludablegallega.net ou no teléfono 630 363 844.

Os /as usuarios esporádicos deberedes inscribirvos e posteriormente avisar, antes das 20 h do día anterior, no correo ou no teléfono que figura arriba.

Nos adxuntos atoparedes información relativa ao servizo.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/24

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 5º DE INFANTIL

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CONCELLO DE LUGO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no capítulo IV da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Horario para os días 20 e 21: 9.30 a 11.15h.

Horario a partir do día 22: de 9 a 14h.

Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
  • OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA Á CONTORNA.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
  • FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
  • INFORME MÉDICO NO QUE CONSTE QUE, DESDE O PUNTO DE VISTA SANITARIO, A ALUMNA/O NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E SE ATOPA EN CONDICIÓNS DE MATRICULARSE NUN CENTRO ORDINARIO.
  • COPIA DA CARTILLA DE VACUNACIÓN DA ALUMNA/O.
  • NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
  • 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.

 Os documentos editables figuran nos adxuntos.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO QUE INICIA 1º DE PRIMARIA

SOLICITUDE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADA AO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º DE PRIMARIA.

Normativa: Orde de 10 de maio de 2023 (DOG 19/05/23)

Prazo de solicitudes: Dende o 20 de maio de 2023 ata o 21 de xuño de 2023 (incluído).

Lugar de presentación:

- O alumnado que non ten irmáns matriculados no CEIP ROSALÍA DE CASTRO entregará a solicitude na secretaría da EEI FINGOI nº2.

- O alumnado que ten irmáns matriculados no CEIP ROSALÍA DE CASTRO entregará a solicitude na secretaría dese centro, xa que a solicitude será única para todos os fillos/as.

As solicitudes tamén poderán presentarse vía electrónica no formulario normalizado (ED 330B- anexos I e II) disponible na aplicación fondolibros e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a aínda que estean no mesmo centro.  

CONVOCATORIA PÁXINA DA CONSELLERÍA

ENLACE PÁXINA FONDO LIBROS

ENLACE SEDE ELECTRÓNICA

SOLICITUDE ANEXO I e II

 

Máis información no archivo adxunto.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO 23/24

Distribuir contido


by Dr. Radut