Skip to Content

Benvida

Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

DESPEDÍMONOS :(

31/08/2020 23:07

DESPEDÍMONOS

 

Tristemente non se puido conseguir esa matrícula que precisabamos para continuar coa escola aberta

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200812/AnuncioG0534-290720-0001_gl.html

así que non comezaremos o curso aquí

 

Esta vai ser a entrada final da páxina da escola e está destinada a dicir

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 

e ata sempre Luaña

 

 

 

REINICIO DO PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21

08/05/2020 13:54

REINÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-21

07/05/2020 13:04

REINICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes

 

Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de  baremo
Ata o 26 de maio de 2020
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
Antes do 9 de xuño de 2020
  • Reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación
 
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
Ata o 26 de xuño de 2020
  • Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 1 ao 10 de xullo de 2020

A resolución completa 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf

 

A escola permanecerá aberta soamente para trámites relacionados coa ADMISIÓN en horario de 10:00 a 13:00.

Importante, para protexer a saúde, que veñades protexidos: luvas e máscaras e que manteñamos distancia de seguridade.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

RELI con Sonia

Para seguir as clases con Sonia neste período de confinamento

https://relinfa.blogspot.com/

INGLÉS con Martina

23/04/2020 18:46

Para seguir as clases con Martina neste período de confinamento clicade no seguinte enlace

http://martinasworld.blogspot.com/

ABECEDARIOS CON OBXECTOS DA NATUREZA

15/04/2020 15:12

Xa que estamos confinad@s nas nosas casas, aproveitamos os recursos dos que dispoñemos para elaborar abecedarios. Empregamos follas, paus, pedras, flores, cartón,... todo o que se nos ocorreu e fixemos os abecedarios que vedes na foto. Esperamos que vos gusten!!!

SUSPENSIÓN DE CLASES

16/03/2020 13:03

SUSPENSIÓN DE CLASES DENDE O 16 DE MARZO.

ESTAREMOS DE VOLTA DENTRO DE 14 DÍAS, SALVO INSTRUCIÓNS NOVAS.

  • PERÍODO DE ADMISIÓN: amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de presentación de solicitudes. Rematará 1 semana despois do reinicio das clases.
  • PRESENCIA DOCENTE NO CENTRO

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files/Instrucions_13.03.2020.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

ENTROIDO VIAXEIRO!!!

29/02/2020 16:07

ADMISIÓN 2020

19/02/2020 10:55

Distribuir contido


by Dr. Radut