Skip to Content

EMOCIÓNS

RESOLVEMOS CONFLICTOS A TRAVÉS DO DIÁLOGO E O CONSENSO

Collemos a cartolina das solucións na asemblea, xa que nos últimos días apreciamos que aumentaron os conflictos xerados ao redor dos xoguetes que traen de casa para xogar no tempo de patio. Pretendemos reflexionar con eles e elas que non os están a solucionar dun xeito amable e respectuoso, no cole tratámonos e falámonos con cariño e ese é o noso pilar fundamental. Do mesmo xeito, se un comportamento ou acción dun compañeirx/s non nos gusta ou molesta a nós ou a outrxs nenxs, debemos dicirllo amablemente ou buscar a axuda das profes.

Comentamos tamén que non o fan todxs pero que somos un equipo que se axuda, así que temos que tentar que busquen unha solución entre todxs e colaborar para resolver o problema. 

As nosas creacións. Sentindo as emocións e o mar.

O resultado dos debuxos colaborativos que fixemos mentras danzabamos con Mercedes.

BAILAMOS E SENTIMOS O CORPO CON MERCEDES PRIETO

Compartimos a xornada de onte con Mercedes de Prieto. Fomos unha gota de auga, convertémonos en peixes, elaboramos debuxos colaborativos do mar ao son da música, inventando historias.

Pasámolo xenial.

Grazas, Mercedes.

 

A CARTOLINA DAS SOLUCIÓNS

No cole cando temos un problema botamos man da cartolina da solución, nese momento as profes provocamos un diálogo para tentar buscar unha solución.

Nestes días, están máis inquedxs do habitual, factores como cambio de hora, máis calor, necesidade de descanso de cole, estamos xa no 3º trimestre, poden ser a causa.

Tentamos solventar o primeiro problema: non recollemos a hora de recoller. As profes preguntamos cal pode ser a solución? Propoñen unha solución é sinxela: recoller.  

Tratamos de facerlles ver, que a solución é doada: podo pedir axuda, darme un stop ou respirar amodiño para logo continuar; pero, de non facerse, ten consecuencia: os xoguetes ou material pérdese ou estropéase e non se pode facer a seguinte actividade. 

 

Pero que pasa se decido seguir pulsando o botón da consecuencia? preguntamos de novo as profes. Pode ser que nese momento, non poda tampouco facer outras tarefas do cole que me gustan como: ser encargadx, ir aos recunchos, ir ao patio... ? 

Conversamos sobre esto, votamos as propostas e deciden que se chegado o momento  tocamos o botón da consecuencia, haberá que esperar a estar preparado para  ser encargadx. 

Traballando a autoestima e a cohesión do grupo clase.

Dialogamos sobre o noso nome, sobre os nosos gustos, o que se nos da ben, as persoas que nos queren.

Como resultado destas conversas, naceu esta instalación.

Distribuir contido


by Dr. Radut