Festas e celebracións
Letras galegas 15 de maio de 2024
Para celebrar as letras galegas 2024 onde a protagonista é Luísa Villalta, tivemos no escola un concerto con gaitas, pandeiretas e hasta bailamos unhas pezas. Algunhas das nosas alumnas participaron no concerto dunha forma maravillosa.
Día do libro 23 de abril de 2024
O 23 de abril celébrase o día do libro, na nosa escola o celebramos cun xogo de letras buscando letras e formando palabras que nos axudaron a descubrir historias e personaxes que commemoran este día. Tamén plantamos dos rosais porque dentro da tradición do día do libro é regalar un libro e unha rosa, así temos na escola os libros e as rosas.
Día da árbore 21 de marzo de 2024
Cando chega a primaveira chega o día da árbore, este ano Alberto do Plan Mandeo trouxonos un bidueiro, un carballo e un loureiro. Continuamos plantando no noso patio árbores que nun futuro darán moita sombra e algúns froitas e froitos
Entroido 2024
Debido as inclemencias meteorolóxicas o desfile de entroido non foi no Pasatempo. O fixemos na nosa escola acompañdxs das familias
Día da Árbore 2023
O cambio de estación tráenos a conmemoración do Día da Árbore.
Aproveitamos a ocasión para iniciar a incorporación de árbores ao patio da escola.
Dani aporta dous exemplares: unha nespereira e un pexegueiro.
Comezamos cun pouco de teoría e coñecementos previos ..
Desfile de Entroido
Enviado por Conchi o Lun, 02/13/2023 - 20:58Imos de Entroido!
O 17 de febreiro unímonos ao noso centro adscrito para celebrar o Entroido.
Este ano recupérase o tradicional Desfile do alumnado e profesorado de Infantil e Primaria no Parque do Pasatempo de Betanzos. As familias están convidadas a presencialo.