Cinema Paraíso
Recuperamos as sesións de cine clásico que viñamos programando coa colaboración de Fernando, cineasta e aficionado-coleccionista de cinema en formato Super 8.
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24. Solicitude de Praza
Do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2023-24.
A información e documentación necesaria está dispoñible nos seguintes documentos:
A Nosa Escola
A Escola de Educación Infantil de Coirós é un centro educativo público, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que escolariza alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil.
Imos de Entroido!
O 17 de febreiro unímonos ao noso centro adscrito para celebrar o Entroido.
Este ano recupérase o tradicional Desfile do alumnado e profesorado de Infantil e Primaria no Parque do Pasatempo de Betanzos. As familias están convidadas a presencialo.