Iniciar sesión: Acceso

Os miolos non paran ..

Por iniciativa das familias, abrimos este espazo de convivencia co fin de manter, no posible, o contacto entre o alumnado durante o tempo de confinamento que nos impón a pandemia do Coronavirus (COVID-19)

As familias, colaboradores e mestras iremos propoñendo iniciativas de traballo que permanecerán abertas á participación.

 

1ª Iniciativa : NARRAMOS UNHA HISTORIA COLECTIVA

Proxecto Documental Integrado (PDI) 2019-20: Eu son Galicia

Nesta ocasión traballaremos arredor da nosa comunidade autónoma, baixo o título "Eu son Galicia".

Ao remate do curso anterior (xuño 2019) lanzamos o proxecto nunha xornada de convivencia co alumnado do Vales, partindo do libro "O Oso e o Piano" de David Litchfield.Hércules de ediciones. Esta narración sobre o retorno ao noso e a importancia das raíces culturais será o elemento iniciador ..

Biblioteca "Familiar"

Este espazo créase coa intención de poñer a disposición das familias material bibliográfico relacionado coa educación.

A continuación podedes consultar o catálogo de documentos dispoñibles, que estarán depositados na escola. Accederase a eles polo sistema de préstamo.

 

Admisión Alumnado Curso 2020-21 (III): Matrícula

Do 1 ao 10 de xullo, ambos os dous incluídos, estará aberto o prazo de matrícula do novo alumnado admitido para o curso 2020-21.

A información e documentación necesaria pódese consultar nos documentos adxuntos.

Os documentos poden descargarse desta web ou recollelos na escola en formato impreso.

O horario de atención ao público será o seguinte:

De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, excepto o mércores, 1 de xuño, que será de 09:00 a 12:00.

RECUPERACIÓN DO PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop),

Admisión Alumnado Curso 2020-21(II): Solicitude de Admisión

O prazo de presentación de Solicitude de Praza para o alumnado de nova incorporación á escola será do 1 ao 23 de marzo.

A documentación necesaria está dispoñible nos documentos adxuntos:

INFORMACIÓN:

1. Información Admisión Alumnado

2. Calendario do Procedemento

3. Áreas de Influencia do Centro e Valoración da Renda per Cápita.

4. Postos Escolares Vacantes.

5. Orde do 12 de marzo de 2013

6. Orde do 25 de xaneiro de 2017

Admisión Alumnado Curso 2020-21(I): Reserva de Praza para o centro adscrito

Do 1 ao 17 de febreiro as familias de 6º nivel de Educación Infantil que iniciará a etapa de Educación Primaria no centro adscrito C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín poderán xestionar a solicitude de Reserva de Praza para o Curso 2020-21.

As familias poderán tramitalo polas seguintes vías:

Admisión de Novo Alumnado para o curso 2019-20 (III): Matrícula

Do 20 ao 30 de xuño, ambos os dous inclusive, estará aberto o prazo de amtrícula para o próximo curso 2019-20.

A información e documentación ao respecto están dispoñibles nos documentos adxuntos e, en formato impreso, na escola.

Admisión de Novo Alumnado para o curso 2019-20 (II): Solicitude de Praza

Entre o 1 ao 20 de marzo de 2019 estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2019-20

Distribuir contido

Eventos

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

O tempo en Coirós