Iniciar sesión: Acceso

10ª Xornada de Convivencia en Coirós

Este curso recuperamos esta actividade deseñada no marco do Plan de Acollida compartido por ambos centros e que viñamos levando a cabo, antes da pandemia, ao final de cada curso.

Esta Xornada trata de poñer en contacto ao alumnado de 6º nivel do CEIP Vales Villamarín e da EEI de Coirós que o próximo curso, na súa maioría, compartirá aulas de Primaria no cole de Betanzos. Asemade os/as nenos/as do centro adscrito teñen a oportunidade de coñecer o centro escolar do que proceden os/as seus/súas futuros/as compañeiros/as de Coirós.

Prográmanse actividades lúdicas que promovan oportunidades naturais de interacción 

Este ano visitáronnos o alumnado de 4 aulas coas súas mestras titoras Ana, Espe, Eva e Carolina.

Para o desenvolvemento desta Xornada contamos coa participación de familias e colaboradores; sen a súa colaboración non sería posible levala a cabo. Grazas a todas/os elas/es. 

 

  

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O tempo en Coirós