Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca Familiar

FONDO DA ESCOLA EN PRÉSTAMO

Poñemos a disposición das familias os títulos da Biblioteca Familiar da Escola que se poden solicitar en préstamo.

Esta pequena selección de bibliografía, relacionada coa educación, vai dirixida a nais, pais e persoas adultas que participan da crianza. 

 

EDUCAR EN EL ASOMBRO.   Catherine L´Ecuyer.  Editorial Plataforma Actual

 Unha lucida reflexión sobre o estado da educación actual, incidindo sobre todo nos perigos da sobreestimulación a que se poden ver expostos nenos e nenas e que afectaría a súa capacidade de asombro, creatividade e imaxinación.

 

EDUCAR EN LA REALIDAD. Catherine L´Ecuyer.  Editorial Plataforma Actual.

Os nenos e as nenas aprenden en clave de realidade; para poder captala necesitan relacionarse, sensibilidade, empatía, explorar e actuar.

Nunha sociedad con progresiva presenza de pantallas dixitais, a autora propón que a mellor preparación para usar as novas tecnoloxías de forma responsable ten lugar na realidade.

 

 

CONVERSACIONES CON MI MAESTRA. Catherine L´Ecuyer. Editorial Espasa

A través dun diálogo entre un alumno de maxisterio e unha mestra xubilada, a autora explica as principais correntes educativas que se poden encontrar hoxe en día nos colexios e escolas, explicando en que consisten e de onde veñen: educación emocional. a baseada na neurociencia, a estimulación temprana, as intelixencias múltiples, o traballo por proxectos ou a aprendizaxe cooperativa entre outros.

 

EL CEREBRO DEL NIÑO EXPLICADO A LOS PADRES.  Dr. Álvaro Bilbao. Editorial Plataforma Actual

Manual práctico que sintetiza os coñecementos que a neurociencia ofrece a nais, pais e educadores co fin de que podan axudar aos nenos e nenas a acadar un desenvolvemento intelectual e emocional pleno.

 

 

LA FAMILIA, LA PRIMERA ESCUELA DE LAS EMOCIONES. Mar Romera. Editorial Destino

Ensinar aos nenos e nenas a convivir coas súas emocións e coas dos demais de forma saudable e equilibrada contribúe a que medren sans, felices e conscientes de quen son.     Mar Romera expón as dificultades e conflitos máis comúns que naie e pais se poden encontrar durante o proceso de aprendizaxe na infancia, e propón formas de actuar que mellorarán a capacidade de análise e de actuación nas relacións entre pais e fillos.

 

 

 DE MAYOR, QUIERO SER ... FELIZ.  Ana Morató García. Editorial Beascoa

 Seis contos para os/as máis cativos/as sobre as emocións e como aprender a xestionalas desde a positividade.

 

 

GENIALMENTE. Begoña Ibarrola. Editorial Planeta

A teoría das intelixencias múltiples defende que en todos nós existen ata 8 tipos de intelixencias distintas. Dito de outro xeito non hai nenos e nenas máis intelixentes que outros, senón nenos e nenos que posúen unha ou outra intelixencia en maior ou menor medida.

 

 

  

 

COLECCIÓN FRANCESCO TONUCCI.   Editorial Graó 

  1.  40 AÑOS CON OJOS DE NIÑO
  2.  LOS NIÑOS Y LAS NIÑAS PIENSAN DE OTRA MANERA
  3.  CON OJOS DE NIÑA
  4.  CON OJOS DE ABUELO

Francesco Tonucci é un pedagogo, debuxante e investigador que, a través das súas viñetas, ponnos a pensar na situación actual da escola e da educación dun xeito crítico e lúcido.       Ten ben merecido o título de "niñólogo".

 

 

MANUAL DE ESCOLA. Xosé Tomás. Editorial Asociación Psicopedagóxica Galega. 

O autor betanceiro, profesor e ilustrador, describe a realidade do ensino en viñetas. Prologada por Francesco Tonucci e Xaquín Marín. 

 

 

 LA LECCIÓN DE AUGUST. R.J.Palacio. Editorial Nube de Tinta

August padece o síndrome de Treacher Collins. A súa cara cara faino distinto e él só quere ser un máis. Unha historia de superación e tolerancia.

 

 

 ALGO PASA EN CASA. EL DIVORCIO DE MIS PADRES. Gloria Mercedes Isaza Posse e Mª Elena López Jordán.  Ediciones B

Estudio psicolóxico que busca acompañar a nenos e nenas no proceso de adaptación á nova orde familiar logo dun divorcio ao tempo que proporciona unha orixinal guía para pais e nais.

 

EN FAMILIA. Alexandra Maxeiner e Anke Kuhl.  Editorial Takatuka.

Libro divulgativo que presenta familias diversas de xeito divertido e suxerente; un texto útil para dialogar e reflexionar cos nenos e as nenas sobre diferentes opcións de agrupamentos familiares. 

 

 

FAMILIARIO. Mariana Pérez-Duarte.  Editorial B de Block.

Unha homenaxe á diversidade desde a emoción, o humor, a realidade e a poesía para gozar.. en familia.

 

 

 

CUENTOS PARA EDUCAR CON INTELIGENCIA EMOCIONAL. Clara peñalver e Sara Sánchez.  Editorial Círculo de Lectores.

Manual para comprender e xestionar as emocións dos nenos e as nenas e asemade as dos adultos involucrados na labor da educación.

 

 

 

ACTIVIDADES PARA EL DESARROLLO DE LA INTELIGENCIA EMOCIONAL EN LOS NIÑOS. Sergi Camara. Editorial Parramón.

Este libro, elaborado por un grupo de educadores e psicopedagogos especializados en Educación Emocional, unha ferramenta de fácil acceso para abordar a educación emocional.

 

 

EMOCIONARIO. DI LO QUE SIENTES. AA.VV. Editorial Palabras Aladas

Estamos ante un dicionario da emocións, un recorrido sentimental que podemos seguir encadeando unha emoción con outra.

 

 

CEREBRO, INFANCIA Y JUEGO: COMO LOS JUEGOS DE MESA CAMBIAN EL CEREBRO. María Couso. Editorial Destino.

María Couso, coñecida en redes socias como PlayFunLearning, cóntanos como se desenvolve o cerebro desde a infancia e o valor fundamental do xogo neste desenvolvemento, e dun xeito moi concreto, os xogos de mesa modernos.

 

LISTOS PARA DEJAR EL PAÑAL (INFANTIL / JUVENIL)

LISTOS PARA DEJAR EL PAÑAL. Clara Mas e Laia Albareda.

Un conto perfecto para as familias que afrontan esta etapa tan importante. Noah estase a preparar para deixar o pañal. Agora só lle falta escoitar o seu corpo.

Unha historia dende a educación emocional para acompañar ás nenas e nenos cara a autonomía con paciencia, cariño e respeto.

 

 

Lo quiero todo' con Eloy Moreno

 

LO QUIERO TODO. Eloy Moreno.

Veruca era unha nena que o quería todo. E sempre quería todo XA!. Quería o que tiñan os amigos e amigas, quería o que vía nas tendas, quería o que saía na tele, en internet, nas revistas,... 

Un libro para divertirse, aprender, participar e vivir un momento especial en compañía.  

 

                                                -----------------

 

LIBROS VIAXEIROS

Neste apartado da Biblioteca Familiar as usuarias e usuarios poderán deixar libros propios para compartir coa comunidade educativa. Ao remate de cada curso devolveranse os libros compartidos ás súas donas/os.

Este curso están dispoñibles:

 

LA NUEVA EDUCACIÓN: LOS RETOS Y DESAFÍOS DE UN MAESTRO DE HOY. César Bona. Editorial Plaza & Janés.

O autor relata en primeira persoa os momentos clave na súa vida que o convertiron no mestre que é, e móstranos que a metodoloxía de ensinanza máis efectiva é implicarse co alumnado, porque o educador é un ser privilexiado que pode impartir e compartir coñecementos en tribu.

 

 

LAS ESCUELAS QUE CAMBIAN EL MUNDO. César Bona. Editorial Plaza & Janés.

César Bona convídanos a coñecer algúns exemplos de centros educativos do ámbito español que están sendo protagonistas dun movemento de transformación educativa, traballando noutras maneiras de facer escola.

 

 

INVISIBLE. Eloy Moreno. Editorial Nube de Tinta.

El protagonista narra en primera persona una experiencia de acoso escolar. Diferentes voces se van uniéndo a la narracción haciéndonos partícipes del dolor, la impotencia y la crueldad que contextuaiza este tipo de violencia.

 

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O tempo en Coirós