Skip to Content

VISITA Ó PARQUE DOS SENTIDOS E LAGO CASTIÑEIRAS

11/05/2014

SE O TEMPO O PERMITE, IREMOS Ó PARQUE DOS SENTIDOS. SAÍREMOS DA ESCOLA SOBRE AS 10:00, DISFRUTAREMOS DO PARQUE E LOGO IREMOS COMER Ó LAGO CASTIÑEIRAS.CADA FAMILIA LEVARÁ A SÚA COMIDA E O SEU COCHE. A VOLTA É LIBRE. 

VISITA Á PRAIA DO BAO NA ILLA

08/05/2014

SE O TEMPO O PERMITE, VISITAREMOS A PRAIA DO BAO NA ILLA DE AROUSA COA FINALIDADE DE OBSERVAR SE TEN LIXO E SE É O CASO, LIMPALA. LOGO MERENDAREMOS E XOGAREMOS NO PARQUE. SAÍREMOS DA ESCOLA ÁS 4:30 ATA AS 7. CADA FAMILIA LEVARÁ A SÚA MERENDA E O SEU PROPIO COCHE. 

NON HAI CLASE

02/05/2014 08:00

NO CONCELLO DE VILAGARCÍA, OS COLEXIOS FACEMOS PONTE. 

OS DETECTIVES VERDES IMOS DE EXCURSIÓN!!!

OS DETECTIVES VERDES VISITAMOS, XUNTA COAS OUTRAS UNITARIAS DE VILAGARCÍA, A GRANXA APÍPOLIS E CONVERTÉMONOS A APICULTORES. QUE BEN O PASAMOS!!!

OS DETECTIVES VIXÍAN

OS DETECTIVES VERDES COA, COLABORACIÓN DOS PAPIS, FOMOS VIXIAR O ESTADO NO QUE SE ATOPA O CAMPO DE FUTBOL. O LIMPARAMOS FAI DOUS ANOS COA AXUDA DO CONCELLO.

OS DETECTIVES VERDES CELEBRAMOS CO CONCELLO DE VILAGARCÍA O DÍA DO PAI COIDADOR

"MEU PAI CÓIDAME E MEU PAI MÍMAME"

AÍNDA QUE ERA UN DÍA PARA OS PAIS E FILLOS/AS, O RESTO DA FAMILIA TAMÉN QUIXO APOIALOS

FESTIVAL DE ENTROIDO

OS TRICERAPTOS DE ARALDE-SOBRAN FESTEXAMOS O FESTIVAL DE ENTROIDO. DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN. PASÁMOLO XENIAL.

PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

 

PELI "EL OSITO POLAR"

O PASADO XOVES 27 DE FEBREIRO OS DETECTIVES VERDES VIMOS NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA A PELÍCULA "EL OSITO POLAR" XUNTO COAS DEMAIS UNITARIAS DE VILAGARCÍA. 

GUSTOUNOS MOITO.

APERTURA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/15

O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO VAI DENDE O 1º  ATA O 2O DE MARZO. OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA ESCOLA OU DESCARGALOS DA PÁXINA DA XUNTA.

PARA MÁIS INFORMACIÓN ACUDIR Á ESCOLA OU PREGUNTAR  NO TELÉFONO 986 56 14 04.

AVISO

O VINDEIRO XOVES 27 DE FEBREIRO, COMO PODEDES VER NO CALENDARIO, OS DETECTIVES VERDES IREMOS POLA MAÑÁ AO AUDITORIO DE VILAGARCÍA A VER UNHA PELI PROGRAMADA POLO SPAD PARA TRABALLAR VALORES.

Distribuir contido


by Dr. Radut