Skip to Content

Benvida

OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE QUEREMOS DARVOS A BENVIDA Á NOSA ESCOLA


 

VISITAMOS CLESA

VISITAMOS CLESA

O VENRES 24/03/2017, FOMOS COAS AMIGAS E AMIGOS DE SOLOBEIRA.  VIAXAMOS  EN AUTOBÚS ATA CLESA EN CALDAS. 

CONVIDÁMOSVOS A VISITAR A ENTRADA PARA VER AS FOTOS.

PASÁMOLO MOI BEN E APRENDEMOS MOITO

 

SAMAÍN 2015

SAMAÍN 2015

OS DETECTIVES VERDES INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN, DECORAMOS A CLASE CON CABAZAS, BRUXAS E MORCEGOS. TROUXEMOS CABAZAS DECORADAS DA CASA QUE PREPARAMOS COS NOSOSO FAMILIARES E COMO CHOVÍA TIVEMOS QUE FACER A EXPOSICIÓN NA CLASE.  CANTAMOS CANCIÓNS, FIXEMOS ARAÑAS E COMÉMOLAS XUNTO CUN BISCOITO DE SAMAÍN.

MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!!.

VISITANDO A CASA-MUSEO DE VALLE INCLÁN

VISITANDO A CASA-MUSEO DE VALLE INCLÁN

ONTE FOMOS EN AUTOBÚS ATA VILANOVA PARA ESCOITAR AS PERSOAS QUE LERON LECTURAS DAS OBRAS DE VALLE INCLÁN. DE SEGUIDO, VISITAMOS A CASA DESTE ESCRITOR, PASEAMOS POLO CASCO VELLO DE VILANOVA E REMATAMOS NA PRAZA DE ABASTOS PARA VER OS PRODUCTOS QUE SE VENDEN.

TAMÉN PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE CARICATURAS DE VALLE INCLÁN.

 

DISFRUTAMOS MOITO E APRENDEMOS UNHA MOREA DE COUSAS CO PROXECTO DESTE ESCRITOR QUE DESENVOLVEMOS  NA CLASE.  

COMEZANDO O CURSO 2015/16

DISFRUTANDO DO COMEZO DO CURSO

 

A INCUBADORA

A INCUBADORA

DENDE FAI VARIOS CURSOS, OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE INVESTIGAMOS SOBRE AS AVES,  EN ESPECIAL SOBRE AS QUE NOS TEMOS NA PAXAREIRA E TAMÉN SOBRE AS GALIÑAS.

NO MES DE MAIO COLOCAMOS OVOS DE PITA NA INCUBADORA E DE 25 SARON 16 POLIÑOS. UN MORREU E ENTERRÁMOLO NO HORTO ECOLÓXICO.

CADA DÍA BOTÁMOSLLE AUGA, COMIDA, TEÑEN UNHA BOMBILLA ACESA PARA DARLLES CALORCIÑO E CAMBIÁMOSLLE A VIRUTA. 

ESTAMOS  ENCANTADOS/AS CON ESTA ACTIVIDADE.  

APRENDEMOS EDUCACIÓN VIARIA

 APRENDEMOS EDUCACIÓN VIARIA

O PASADO MARTES, OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE FOMOS VISITADOS/AS POR DOUS AXENTES DA POLICÍA LOCAL (UN HOME E UNHA MULLER) QUE NOS ENSINARON MOITAS NORMAS DE EDUCACIÓN VIARIA, INFORMACIÓN DO SEU TRABALLO, UNIFORME, COMPLEMENTOS... E DEIXÁRONNOS SUBIR NO COCHE E ACTIVAR A SEREA. 

MOITAS GRAZAS E UN SAÚDO DESDE ARALDE!!!.

LIBRO DE PELUSA

09/06/2015 20:13
 

CELEBRAMOS O DÍA DO PAI COIDADOR

CELEBRAMOS O DÍA DO PAI COIDADOR

HOXE,  12 DE ABRIL PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES DO  PAI COIDADOR.

VÉXASE GALERÍA 

INVITACIÓN PAI COIDADOR

09/04/2015 19:59
12/04/2015 23:59

INVITACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut